14122019Sáb
Última edición: Sáb, 14 Dic 2019 6pm

Do País Vasco a Cataluña en Paddlesurf, con paradas en Cíes e Baiona

Membros de Waira escoltaron ao aventureiro Antonio de la Rosa dende as Estelas ata Baiona, onde o esperaban Ángel Rodal e Raúl Costas

21 Julio 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Antonio de la Rosa chegou a Baiona acompañado de membros do Club Wetsports-Waira. / Foto: Concello de Baiona Antonio de la Rosa chegou a Baiona acompañado de membros do Club Wetsports-Waira. / Foto: Concello de Baiona

Baiona recibiu este venres a visita do aventureiro Antonio de la Rosa durante a súa volta á Península Ibérica en PaddleSurf. Membros do Club Wetsports-Waira de Baiona saíron ata as Illas Estelas para acompañar ao deportista durante o seu último tramo entre as Cíes, onde fixo noite o xoves, ata a Praia da Ribeira, onde o esperaban o alcalde, Ángel Rodal, e o concelleiro de Actividades Marítimas, Raúl Costas.

“En ningún sitio de España tiven un recibimento como aquí”, sinalou De la Rosa nada máis poñer pé en terra e ser recibido polos edís. O aventureiro reiniciará a súa marcha esta tarde ata A Guarda para partir en dirección a Portugal a primeira hora deste sábado. O seu percorrido comezou o pasado 6 de xuño en Hondarribia e ten previsto completar a Volta a España en pouco máis de tres meses.

O seu paso pola costa lucense foi duro polo vento e mar co que se atopou, pero espera chegar a súa meta en Portbou (Cataluña) facendo unha media de 40 quilómetros ao día (3.500 quilómetros en total) e 88 etapas. Non é a primeira vez que Antonio de la Rosa visita Baiona, onde ten bos amigos do Club Wetsports-Baira, e de feito xa estivo na primeira edición do Campionato de España de PaddleSurf que se celebrou na Vila.

170721 Antonio de la Rosa Ángel Rodal e Raúl Costas este venres xunto aos integrantes de Waira que saíron a recibilo en Baiona 01

Pucelano de nacemento e madrileño de adopción, o aventureiro non leva embarcación de apoio e a única axuda que recibe é da súa compañeira, que fai o percorrido por terra. “As dúas primeiras semanas as fixen totalmente autónomo, durmindo en praias e con comida para varios días, e a partir de Suances teño un coche de apoio”, explicou.

Antonio de la Rosa converteuse en 2014 no gañador da proba francesa da travesía do Océano Atlántico a remo e en solitario Rames Guyane. Ese mesmo ano, percorreu con esquís de fondo o 1.700 km do percorrido da proba Iditarod en Alaska.
En 2015 uniu Madrid e Lisboa a través do río Texo en PaddleSurf e en 2016 percorreu parte da costa de Groenlandia con esta mesma modalidade.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído