16122018Dom
Última edición: Dom, 16 Dic 2018 9pm

Polideportivo

As federacións denuncian que a Xunta só destinará un 0,22% dos orzamentos ao deporte galego

Aseguran que as achegas do ente autonómico á práctica deportiva descenderon un 50% nos últimos oito anos

09 Marzo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte da Xunta, xunto a Ignacio López Chaves nunha recente visita á Casa do Deporte de Vigo. / Foto: Xunta Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte da Xunta, xunto a Ignacio López Chaves nunha recente visita á Casa do Deporte de Vigo. / Foto: Xunta

Este mércores celebróuse unha xuntanza en Santiago de Compostela á que acudiron una ampla representación de Federacións Deportivas Galegas para tratar asuntos comúns que lles preocupan.

As federacións denuncian o "pouco peso específico que ten o deporte" en Galicia nos orzamentos aprobados recentemente polo Parlamento Autonómico. Cun teito histórico de 9063 millóns de euros, o executivo galego só destina 19,2 millóns ao deporte galego, incluidos, entre outros, os 2,8 millóns para a Universidade da Coruña e os 1,89 millóns para a Fundación Deporte Galego. As federacións consideran que este porcentaxe do 0,22% "é ínfimo e moi por debaixo da relevancia social da práctica deportiva e do impacto económico e saudable do propio sector".

Dase a circunstancia de que Galicia está á cabeza da obesidade infantil en España, o que “non sorprende” aos dirixentes deportivos cando se coñecen os datos dos orzamentos.

Durante os últimos 8 anos, os orzamentos do deporte galego pasaron de 41,2 millóns de euros a 19,2 millóns na actualidade, algo "que retrata a triste realidade da actúal situación".

As federacións deportivas galegas, a pesares do teito orzamental de mais de nove mil millóns da Xunta de Galicia, non recuperaron o nivel das subvencións conveniadas pola Secretaría Xeral para o Deporte e atopánse na actualidade ao 67% da partida respectiva de fai tan só seis anos. Esta grave situación "pon en perigro, incluso, o desenvolvemento das función públicas delegadas pola propia administración autonómica ás federacións".

A Xunta de Galicia, a pesares do recoñecemento que fixo á figura da UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas) o ano pasado na Ley do Deporte de Galicia, non concede ningunha subvención a este organismo, ao contrario que as comunidades autónomas que a teñen recoñecida á similar (Cataluña, Pais Vasco, Andalucía, Madrid, Castella e León… etc). Isto, según al federacións, "agrava moito mais a situación das federacións deportivas galegas asociadas que atopan nesta figura unha axuda para xestionar temas de interese común e abaratar custos, ademáis de supoñer unha ferramenta útil ao propio deporte galego".

As federacións solicitarán ao presidente da Xunta de Galicia e aos diferentes grupos políticos parlamentarios maior apoio real ao deporte galego. Tamén pedirán á Secretaría Xeral para o Deporte que faga públicas nos vindeiros días as puntuacións respectivas por apartados dos baremos dos convenios do ano 2017 que inda non se asinaron, "provocando un gran retraso e preocupación".

As federación consideran que é "unha paradoxa que a Xunta de Galicia, a través da Lei do Deporte, obrigue as federacións a aprobar os orzamentos dun exercicio económico durante o último trimestre do ano anterior, cando a estas alturas da tempada as federacións inda non coñecen as cuantías das subvencións".

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

sucesos

tecnología

movilidad

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído