23042017Dom
Última edición: Dom, 23 Abr 2017 1pm

Polideportivo

Marta Míguez apostou pola "coordinación e o traballo conxunto" na súa visita á federacións en Vigo

A secretaria xeral para o Deporte tamén desprazouse este martes ata a Delegación da Xunta na cidade olívica onde mantivo un encontro de traballo co delegado territorial, Ignacio López Chaves, sobre a situación do deporte na área de Vigo

11 Enero 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
Marta Míguez visitou con Ignacio López Chaves a Casa do Deporte de Vigo. Marta Míguez visitou con Ignacio López Chaves a Casa do Deporte de Vigo.

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, visitou o pasado martes á Casa do Deporte de Vigo onde teñen a súa sede as federacións deportivas galegas de ciclismo, tenis, balonmán, hípica, bolos, loita, motonáutica, billar, motociclismo, bádminton, montañismo, squash, surf, tenis de mesa, petanca e xadrez.

Alí, a responsable do deporte a nivel autonómico enxalzou o papel das federacións como “o corazón do deporte galego” e sinalou que “a progresión que tivo o noso deporte nestes últimos anos non sería posible sen o esforzo destas entidades deportivas galegas”. Nesta liña, a secretaria xeral apostou por “unha liña de traballo conxunto e coordinación con todos os actores do tecido deportivo galego: federacións, clubs, directivos, técnicos, xuíces, árbitros e, por suposto, os deportistas”.

A Xunta de Galicia colabora mediante convenios anuais coas 59 federacións deportivas galegas que son un importante axente dinamizador para levar a cabo a organización e desenvolvemento de programas e actividades que impulsen a súa modalidade deportiva no ámbito de Galicia. O incremento da práctica deportiva federada, en todas as idades e sexos, a adquisición de valores e hábitos de vida saudables a través da competición deportiva regrada, e a mellora da xestión federativa son eixos de traballo fundamentais para a Secretaría Xeral para o Deporte.

Ademais durante a xornada do martes, a secretaria xeral para o Deporte desprazouse ata a Delegación da Xunta na cidade olívica onde mantivo un encontro de traballo co delegado territorial, Ignacio López Chaves, sobre a situación do deporte na área de Vigo.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

sucesos

sucesos

incendio

  • El "maldito" minibús eléctrico de Vigo
    El "maldito" minibús eléctrico de Vigo Gafado sería la palabra más adecuada para definir al minibús eléctrico de Vigo que este viernes provocó un incendio con cinco intoxicados en el parque móvil municipal de Lavadores. Empezó con mal pie, no pudo con las cuestas del Casco…
    Leer más...

incendio

exposiciones

  • La saga de la Galaxias desembarca en Vigo
    La saga de la Galaxias desembarca en Vigo Figuras y bustos a escala real, réplicas de naves, vehículos y transportes, figuras de edición limitada pintadas a mano, así como todo tipo de enseres coleccionables. La Estación Marítima de Vigo acoge desde este jueves hasta el 23 de abril…
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído