26032017Dom
Última edición: Dom, 26 Mar 2017 8pm

Polideportivo

Os Xogos Deportivos de Reis reunirán a máis de 500 nenos

Rapaces con idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos gozarán do fútbol, o fútbol sala e o balonmán do 2 ao 4 de xaneiro

30 Diciembre 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
Estes Xogos foron presentados este venres no Concello. Estes Xogos foron presentados este venres no Concello.

O Concello de Vigo, a través da Fundación VIDE, porá en marcha unha nova experiencia na primeira semana do ano co obxectivo de "multiplicar a oferta deportiva municipal de canteira". Do 2 ao 4 de xaneiro (luns a mércores), As Travesas, Navia e Coia recibirán os Xogos Deportivos de Reis, unha actividade que terá a medio cento de equipos e máis de 500 deportistas con idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos.

A Concellería de Deportes e VIDE dinamizan o Nadal co fútbol (4 a 6 anos), fútbol sala (4 a 7 anos) e balonmán (6 a 11), que coparán o campo de Navia (Municipal Pahiño, días 2 e 3), o campo de fútbol das Travesas (día 4) e o seu Pavillón Central (do 2 ao 4) e os polideportivos de Coia (días 2 e 3) e Frontón (mércores 4). O evento futbolístico é non competitivo, seguindo a filosofía da liga municipal de Samil, mentres que balonmán (benxamín e alevín) e fútbol sala (mini prebenxamín, prebenxamín e benxamín) proclamarán campións.

O alcalde da cidade, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu en Alcaldía a unha nutrida representación de deportistas, dirixentes e técnicos envorcados nesta actividade que en anos sucesivos seguirá crecendo. Entre os asistentes, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Pérez Ouro; Borja Arca (Asociación de Fútbol Sala), Belarmino Alonso, "Milucho", responsable do torneo de fútbol e o internacional vigués de balonmán, Pedro Rodríguez, xogador do Pick Szeged húngaro.

Caballero, que manifestou aos asistentes que o deporte formativo é unha das súas prioridades no goberno da cidade, desexoulles que a primeira proba deportiva de 2017 resulte "un éxito" e que os participantes gocen de tres días de puro deporte.

A fin de valorar o esforzo de todos os participantes, o Concello entregará medallas a todos eles. As primeiras xa foron para os sete neneos e nenas que acudiron ao Concello en representación dalgúns dos equipos inscritos. Precisamente o mércores 4, ás 12:00 horas, terá lugar o peche do evento no Central coa entrega de medallas.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

  • Aspas también regala goles para La Roja
    Aspas también regala goles para La Roja Lopetegui se hizo de rogar, pero al final premió a Iago Aspas con su merecido debut en partido oficial con la Selección española. El moañés disputó ocho minutos en El Molinón y se convierte en el jugador número 21 del…
    Leer más...

alerta desactivada

una imagen de vigo

  • Salvemos la Panificadora
    Salvemos la Panificadora Han tenido que pasar varias décadas para que la Panificadora ganara la atención que merece como símbolo de la arquitectura industrial de la ciudad de Vigo.
    Leer más...

tráfico

  • Últimas noticias

  • Más leído