06122019Vie
Última edición: Jue, 05 Dic 2019 8pm

Taekwondo

Dúas pratas para o Tao de Vigo na primeira xornada do Mundial de Técnica

Ingrid Gómez, en individual, e a parella Samuel Alves e Andrea Vilas acadaron o segundo posto en freestyle

30 Septiembre 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
Os deportistas do Tao, coas súas medallas. / Foto: FGT Os deportistas do Tao, coas súas medallas. / Foto: FGT

Excepcionais noticias para Galicia no Mundial de Técnica e Freestyle que se está a disputar estes días en Perú. Na primeira xornada houbo dúas medallas de prata en freestyle para Ingrid Gómez (Tao de Vigo) en individual +18 e para a parella de - 17 anos formada por Samuel Alves e Andrea Vilas, tamén do Tao vigués.

A primeira en competir foi Ingrid que saíu á metade do competición para facer un exercicio espectacular que a colocou no primeiro posto da clasificación. E aí estivo, no máis alto da táboa, ata a participación da última taekwondista, a representante de Estados Unidos, que logrou superala por moi poucas décimas. Así, medalla de ouro para USA, e prata para Ingrid Gómez. O podio completouse con Holanda (3º) e Tailandia (4º).

No caso da parella, Samuel e Andrea tamén lograron poñerse no primeiro posto despois de facer unha serie incrible, segundo explicou o seu adestrador Miguel Meilán. Pero a seguinte parella foi a de Turquía que logrou poñerse en primeira posición. Así que despois tocou esperar e ver como ían pasando participantes sen lograr superar a puntuación dos nosos deportistas, que acadaron unha prata histórica. O podio desta categoría quedou formado por Turquía no máis alto; a prata para España; e o bronce para USA e Vietnam.

Miguel Meilán destacou o magnífico traballo dos deportistas galegos, "que fixeron unha serie case perfecta" e o altísimo nivel competitivo deste Mundial, así como a grande actuación dos árbitros. Ademais este xoves tamén participou a parella formada por Nerea Alamancos e Alejandro Losada (Tao) en técnica, que non tivo moita sorte no sorteo. Polo alto número de participantes, a organización decidiu dividir a final en dous grupos e aos nosos deportistas lles tocou competir no máis duro, onde estaban todos os asiáticos, de forma que non puideron pasar á final.

E este venres continúa a competición para as e os deportistas galegos con Samuel Meilán (Tao) en sénior 2 en técnica, mentres que en freestyle participarán o trío cadete formado por Manuel Paz, Álvaro Portela e Daniel Redondo (Hebe) e o quinteto + de 18 anos do Tao (Nerea Alamancos, Anxo Costa, Ingrid Gómez, Alejandro Losada e Manuel Rodríguez).

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

vigo

ocio

  • Últimas noticias

  • Más leído