06122019Vie
Última edición: Vie, 06 Dic 2019 10pm

Taekwondo

Oito deportistas do Tao de Vigo e tres do Hebe de Moaña, no Mundial de técnica e freestyle

No torneo, que se disputa esta semana en Lima (Perú), haberá 16 representantes galegos e contará coa presenza de máis de 1.000 taekwondistas de 55 países distintos

27 Septiembre 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
Os 16 participantes galegos, en Lima. / Foto: FGT Os 16 participantes galegos, en Lima. / Foto: FGT

A Federación Galega de Taekwondo estará representada por 16 deportistas (8 do Tao de Vigo, 5 do Mace Sport de Pontevedra e 3 do Hebe de Moaña) no 10º Campionato do Mundo de Técnica e Freestyle que se celebrará do 29 de setembro ao 2 de outubro en Lima (Perú).

Os deportistas galegos viaxaron esta fin de semana en dirección a Perú, onde tentarán meterse nas finais, obxectivo que non será sinxelo xa que é o Mundial con máis participación da historia. O equipo galego, que forma parte da expedición española, conta coa colaboración da Federación Galega de Taekwondo para enfrontar os gastos dunha viaxe tan custosa.

O Tao vigués aporta oito deportistas (Samuel Meilán, Ingrid Gómez, Nerea Alamancos, Manuel Rodríguez, Alejandro Losada, Anxo Costa, Samuel Alves e Andrea Vilas), que competirán tanto en técnica como en freestyle. Entre os participantes vigueses hai xente con moita experiencia internacional, coma Samuel Meilán ou Nerea Alamancos (medallistas mundiais en 2007).

Samuel Meilán competirá na modalidade de técnica (sénior 2), así como a parella formada por Nerea Alamancos e Alejandro Losada (parella 1). En freestyle, o quinteto + de 18 anos do Tao (Nerea Alamancos, Anxo Costa, Ingrid Gómez, Alejandro Losada e Manuel Rodríguez) é o campión de España e acadou o subcampionato de Europa o pasado ano. Ademais os xoves Samuel Alves e Andrea Vilas participarán como parella de menos de 17 anos en freestyle.

Pola súa banda o Mace Sport aportará a cinco deportistas, que competirán en freestyle. Eles son Ángel López, Sarai Pazos, Ana
Isabel Pita, Adrián Ventín e Iago Pita. De eles Iago Pita participará individual -17 anos e tamén formará parte do quinteto -17 anos co resto dos seus compañeiros.

A expedición galega completase cos tres deportistas do Hebe Moaña. Manuel Paz, Álvaro Portela e Daniel Redondo forman o trío cadete que representará a España no Mundial de Lima.

No Mundial de Técnica e Freestyle están inscritos un total de 549 hombres e 520 mulleres que representan a 55 países de todo o mundo. O freestyle entrou no programa do Mundial no ano 2012, xa que é unha nova modalidade na que se combina a técnica con coreografía e música.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído