16112019Sáb
Última edición: Sáb, 16 Nov 2019 8pm

Piragüismo

O Club Piragüismo Olívico planea crear "un gran centro deportivo" no porto

Os responsables do club reuníronse este xoves co alcalde para presentarlle o seu proxecto, para o que teñen previsto usar unha nave propiedade do IGAPE que se atopa abandonada

25 Agosto 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Imaxe da reunión que mantiveron os responsables do club con Abel Caballero este xoves no Concello. Imaxe da reunión que mantiveron os responsables do club con Abel Caballero este xoves no Concello.

Tras recibir este xoves a responsables do Club Piragüismo Olívico que lle presentaron o seu proxecto para desenvolver un centro educativo, experimental e deportivo nunha das naves abandonas da zona portuaria, Abel Caballero amosou o respaldo do seu goberno a esta iniciativa e tamén aos tres clubs piragüistas na potenciación deste deporte.

O rexedor recibiu este xoves a responsables do Club Piragüismo Olívico que conta cun "número importante de mozos e mozas" que se inician nesta modalidade e que lle presentaron un "gran proxecto" para facer de Vigo unha cidade con inmensa partición neste deporte".

Así, segundo explicou Caballero, o club contempla a posibilidade de usar unha das naves da zona portuaria, que é propiedade do IGAPE e que está abandonada, para transformala nun "gran centro educativo, experimental e deportivo de piragüismo", coa vantaxe de que se sitúa ao carón do mar e que dispón de embarcadoiro, de maneira que a xuízo do alcalde é un "grande lugar" para potenciar este deporte e incrementar a súa presenza na cidade.

Abel Caballero trasladoulle ao Clubs Piragüismo Olívico e aos tres clubs piragüistas da cidade que "teñen o noso apoio, para iso queremos manter o diálogo permanente con eles" porque "queremos ver" a remeiros e piragüistas vigueses destacando neste deporte.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído