20102019Dom
Última edición: Sáb, 19 Oct 2019 8pm

Polideportivo

A Deputación reparte 600.000 € entre os clubs da provincia, 222 deles da comarca de Vigo

Esta achega beneficia a un total de 552 clubs da provincia, dos cales 122 recibirán por vez primeira as axudas, e suma un 20% máis de recursos

11 Julio 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)

A Deputación de Pontevedra está a destinar 600.000 €, 100.000 € máis que o anterior, a 552 clubs federados. Os clubs, que van dende o fútbol ata a loita olímpica, natación, ciclismo, esquí acuático, ximnasia, baloncesto, hípica, xadrez, motociclismo, taekwondo ou patinaxe, entre outras moitas disciplinas deportivas, xa coñecen as contías que a Deputación de Pontevedra lles achega, que supoñen un 20% máis de recursos que os que destinaba o anterior goberno.

Na busca dunha maior equidade á hora do reparto dos fondos públicos, a Deputación de Pontevedra decidiu abrir as achegas a clubs que ata o de agora non tiñan esa posibilidade, establecendo uns criterios claros e obxectivos, implantando un modelo xusto que eliminase a arbitrariedade e discriminación e repartise os fondos en base ós criterios e características de cada club.

O novo goberno da Deputación de Pontevedra decidiu valorar a concesión das achegas puntuando, entre outras cuestións, o nivel de competición de todas as categorías, o nivel de competición do equipo sénior, o número de equipos do club ou o número de fichas de federados. Así, o resultado do reparto das achegas supuxo que para o 73% dos clubs deportivos se incrementase a achega, é dicir, 403 clubs deportivos da provincia recibiron 478.619 €, 226.753 € máis que co goberno anterior. Tan só ó 27% dos clubs, un total de 149, recibiron unha contía inferior debido, sobre todo, á baixa de categorías con respecto á temporada anterior ou á valoración do número de fichas e equipos. En calquera caso, a redución da achega atópase entre os 4 e os 730 € por club.

Por comarcas, o deporte base vai recibir en Caldas 20.000 € repartidos en 22 clubs, o que supón 5.389 € máis que o que recibían os clubs co anterior goberno. Nesta comarca serán 15 as entidades que recibirán máis recursos, en concreto 16.019 € máis.

No caso do Baixo Miño 35 clubs federados recibirán preto de 30.000 €, o que supón 9.811 € máis que con respecto ó 2015. Nesta comarca serán 27 os clubs que recibirán máis recursos, 24.827 € máis. Pola súa banda, o deporte base vai recibir no Condado 38.191 € repartidos en 31 clubs, o que supón 16.119 € máis que o que recibían os clubs co anterior goberno. En concreto, serán 25 os clubs que recibirán máis recursos, 34.772.

O deporte base vai recibir en Deza 28.624 € repartidos en 30 clubs, o que supón 8.303 € máis que con respecto ó 2015. Nesta comarca serán 23 os clubs que recibirán máis recursos, 11.210 € máis. No caso da Paradanta 6 clubs federados recibirán preto de 4.000 € o que supón preto de 1.000 € máis que con respecto ó 2015 sendo 3 os que incrementarán as achegas, 3.000 € máis.

Pola súa banda o deporte base vai recibir en Vigo 245.975 € repartidos en 222 clubs, o que significa 64.913,94 € máis que o que recibían os clubs co anterior goberno. Nesta comarca, serán 153 os clubs que incrementarán os recursos ata 186.398 € máis que o ano 2015.

No caso da comarca de Tabeirós-Terra de Montes, o deporte base vai recibir 27.333 € repartidos en 23 clubs, é dicir,8.574 € máis que con respecto ó ano anterior. En total serán 20 as entidades que recibirán máis recursos, 17.954 € máis. Pola súa banda, 64 clubs da comarca de Pontevedra ingresarán 65.306 € o que supón 22.098 € máis que o que recibían co anterior goberno. Nesta comarca, serán 46 clubs incrementarán os seus recursos ata en 52.626 €.

O deporte base vai recibir no Salnés 82.437 € repartidos en 61 clubs, é dicir, 33.561 € máis que o que lles outorgaba o anterior goberno e 51 clubs percibirán ata 76.600 e máis que no 2015. No caso da comarca do Morrazo, 42 clubs se beneficiarán de 47.577 € o que supón 14.365 € máis que con respecto ó ano anterior. Nesta comarca serán 30 os clubs que recibirán máis recursos, 36.633 € máis.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído