25082019Dom
Última edición: Sáb, 24 Ago 2019 10pm

Pádel

O Campionato Concello de Vigo pechouse con éxito de público e de participación

Case medio centenar de xogadores participaron neste torneo, que se celebrou do 1 ao 10 de xullo nas pistas de Máis que Auga de Barreiro e Navia

11 Julio 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
Fernando Clavario e Nico García, finalistas en categoría masculina 1. / Foto; MqA Fernando Clavario e Nico García, finalistas en categoría masculina 1. / Foto; MqA

O IV Campionato de Pádel Concello de Vigo rematou o domingo nas instalacións de Máis que Auga en Barreiro e Navia, colaborador principal do evento. Foi neste último centro onde se disputaron a partir das 18:00 horas as finais das principais categorías masculina, feminina e mixta; as finais de alevíns e infantís disputáronse en Barreiro pola mañá.

Foron todos eles partidos moi disputados, cun gran despregue de xogadas de calidade e con golpes moi espectaculares por momentos, que mantiveron en vilo ao numeroso público que enchía o espazo dispoñible na zona de pistas. Os 12 partidos das finais principais e as outras tantas de consolación celebráronse entre as 18:00 e as 21:00 da tarde, rematando a xornada cunha multitudinaria entrega de premios no exterior do centro Máis que Auga en Navia.

O que xa é o principal torneo da provincia, organizado polo Club de Pádel Barreiro e patrocinado por Pérez Rumbao Car, contou este ano cun total de 227 parellas, un total de 454 xogadores con encontros distribuidos entre o día 1 e o día 10 nas 16 pistas de pádel das instalacións de Máis que Auga.


CLASIFICACIÓN CATEGORÍAS PRINCIPALES 

Categoría feminina 1: Paloma Lázaro / Raquel Seijo 6-3 / 6-2
Carla Barciela / Alicia Seijas Cali
Categoría masculina 1: Héctor Guisande / Ignacio Vilariño 6-4 / 7-6 (tie break)
Nico García / Fernando Clavario
Categoría mixta 1: Borja Díaz /Raquel Seijo 2-6 / 6-2 / 7-5 (tie break)
David Del Barrio / Álix Sánchez
Categoría alevín A: Lola Yan Otero Casa / Paula Quevedo 9-4
Gael Pequeño Cortés / Sergio Cañón Iglesias
Categoría infantil A: Denis Pequeño / Miguel Quirós 2-6 / 4-6
Carlota Rodríguez Yera / Marta Reguera Ríos

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

navidad 2019

transporte

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído