O combinado galego necesitaba gañar para lograr o título tralos resultados do sábado (vitoria do equipo feminino e sexto posto do masculino). Así, o equipo de relevos mixtos, coa ausencia de Antonio Serrat pola caída do sábado, estaba formado por Iria Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo), Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo), Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) e Martín Carrera (Natación Riveira).
O primeiro relevo foi para Iria Rodríguez, que saíu da auga na primeira posición, formou parte do primeiro grupo da bicicleta e deu o pase a Luismi na cuarta posición. Velásquez fixo un moi bo relevo e logrou entregar na segunda posición a Joselyn Brea, que foi decisiva. A venezolana afincada en Galicia dende hai varios anos fixo un minitriatlon espectacular e logrou entregar a Martín Carrera na primeira posición e con case un minuto de vantaxe sobre o segundo clasificado.
Así, Carrera certificou a vitoria e entrou en solitario en meta con unha ampla vantaxe, onde foi recibido ao grande polos seus compañeiros de selección.
A selección galega escolar logrou proclamarase campioa de España cunha enorme superioridade. Galicia venceu na proba feminina e nos relevos mixtos, e ademais foi segunda na proba masculina. Desta forma, as e os galegos acadaron o título de campións de España.
Este domingo disputouse a proba de relevos mixtos, na que Galicia participou con dous equipos (A e B). Cada equipo está formador por dous homes e dúas mulleres que realizarán un mini tríatlon (250 metros de natación, 5 quilómetros de bicicleta e 1,6 de carreira a pe). O equipo A estaba formado por Elsa Pena, Jorge González, Carla Guisande e Esteban Basanta, os mellores clasificados do día anterior. E renderon ao máximo. O equipo B estaba composto por Nerea García, Jorge Morado, Natalia Castro e Víctor Bouzón.
Elsa Pena fixo o primeiro relevo e entregou na primeira posición, abrindo as distancias na carreira a pe (o equipo B de Galicia, con Nerea García foi a segunda). Jorge González (equipo A) e Jorge Morado (Galicia B) agrupáronse no segmento de ciclismo, pero foron cazados por Valencia e Madrid xusto ao final, e González cedeu uns segundos no tramo final. Pola súa banda, o equipo B quedou na loita pola cuarta e quinta posición.
Carla Guisande limou distancias na primeira parte da natación e logrou soltar primeiro á madrileña e despois a valenciana. E a partir de aquí, marchou en solitario para darlle paso a Esteban Basanta na primeira posición e con case 45 segundos de vantaxe. Basanta fixo un magnífico relevo e incluso aumentou a distancia, sobre todo na carreira a pe, onde logrou un dos mellores parciais. Esteban logrou chegar a meta cun minuto de distancia sobre o segundo clasificado (Madrid). Ademais hai que destacar que o equipo B de Galicia acadou a cuarta posición, a escasos segundos do terceiro clasificado.