Iso, a pesares dos problemas de organización: Houbo horas de retraso, paróns na competición… Pero un gran nivel deportivo e unha excepcional resposta das e dos galegos.
Na modalidade de técnica, Samuel Meilán (Tao) acadou a medalla de ouro en sénior 2 tras facer unha gran competición. Ademais, Seung Han Shin Jang (Han´s Horang-i) foi prata en máster 1 e o trío júnior formado por Carlos Rey, Carlos Fernández e José Roca (Neka) foron bronce.
En ‘freestyle’, a parella de + de 18 anos formada por Ingrid Gómez e Anxo Costas (Tao) acadou a primeira posición, igual que a parella de -17 formada por Bea Felpeto e Gabriel Tembrás (Moodukwan).
A nivel individual, en ‘freestyle’ +de 18 anos Anxo Costas (Tao) logrou a medalla de prata, mentres que Ingrid Gómez (Tao) foi bronce. En -17 anos, houbo bronces para Manuel Paz (Hebe), Gabriel Tembrás (Moodukwan) e Celia García (Tao).




















