• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 30 de junio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    taekwondo

    Catro medallas galegas no Open de París

    Na xornada do domingo houbo dous ouros (Alma Pérez e Elena Pérez), una prata (Ana Dosil) e un bronce (Antía Sánchez) para taekwondistas galegas
    Redacción por Redacción
    21 de Nov, 2017
    en Polideportivo
    0
    Catro medallas galegas no Open de París

    Alma Pérez (-52, Suh Sport) comezou o torneo vencendo á Alexia Amon (Francia) cun cómodo 15, para enfrontarse en segunda rolda á mundialista e medallista europea, a británica Holly Kelly. Foi un combate moi técnico, no que a nosa deportista brillou para vencer por 28-12. Coa medalla asegurada, a boirense mostrou a súa impresionante 32-12 e na final a Ella Sands (Gran Bretaña) tamén con enorme superioridade (23-6). 

    O segundo ouro galego foi para Elena Pérez (-44 quilogramos, Natural), que ademais repetía una magnífica actuación en París, xa que o pasado ano foi prata. En primeira rolda Elena enfrontouse á alemá Jessica Wolf á que derrotou por 24-3 nun combate bastante cómodo. Na segunda eliminatoria venceu á francesa Khalissa Agaou por 17-3 e xa na final derrotou á tamén francesa Sabah Shaiek por 11-8 nun combate moi técnico e estratéxico.

    Ana Dosil (-68, Natural) acadou a medalla de prata en París. Na final foi superada pola vixente campioa de Europa, a francesa Althea Laurin por un claro 25-5. Previamente Ana derrotou á tamén francesa Si’Ann Sulpice-Timothe por 18-12 nun fermoso combate de grande intensidade.

    O bronce galego foi para Antía Sánchez (-55 kg, Suh Sport), quen comezou gañando con folgura o seu primeiro combate contra Oceane Lelandais (Francia) por K.O. (22-0), para enfrontarse en cuartos de final á tamén francesa e campioa de Europa cadete Imani Sitti, á que venceu cun claro 24-13, dando un magnífico espectáculo cunha gran remontada. Xa en semifinais, a galega enfrontábase a unha complicadísima rival, a belga Ewelina Krynska, á que non puido vencer, tendo que “conformarse” coa medalla de bronce.

    Aquí rematou a colleita de medallas galegas. Javier Torrado (-59 kg, Suh Sport) superou ao seu primeiro rival con rotundidade (28_2), pero o francés Enzo Comprelle freou ás súas aspiracións de medalla en cuartos de final nun axustado e tenso combate no que o deportista local acabou impoñéndose (26-24). Tamén caeu nos cuartos de final, Pablo Patiño (-63, Patiño Moaña). O galego pasou o primeiro combate sen ter que competir por incomparecencia do seu rival, un marroquí, e en segunda rolda venceu ao francés Yanis Tahraqui, un competidor moi alto, que lle puxo as cousas moi difíciles a Pablo, que ao final se impuxo por un axustado 10-9. En cuartos caeu contra o belga Shohai Amal (8-3).

    Héctor Canabal (-63, Mace Sport) gañou o primeiro combate a Steluy Banzouzi (29-9), pero perdeu no segundo ante o marroquí Youssef Boatris (25-4). Alejandro Paz (-55, Natural) superou a primeira rolda ante Angelo Ferreira (Francia) por 12-26 e caeu ante o exipcio Mostafa Mansour (9-18); mentres que Diego Martínez (-59, Natural) gañou a Guillian Dray (Francia) por 10-12 e foi derrotado polo holandés Kasmi (17-22).

    Ademais, caeron en primeira rolda Tomás Lois (-45, Natural), Giovanni Imparato (-51, Mace), José García (-51, Natural), Carlos Medranda (-55, Mace) e Sergio Gonzalo (-59, Natural). Sénior. As e os deportistas galegos quedaron sen medallas na
    primeira xornada do Open de Francia, na que se celebrou a competición sénior.

    En -74 quilogramos José Fernández (Natural) chegou ata os cuartos de final. Venceu en primeira rolda ao francés Mousa Demba Traore por 5-1, e en segunda ao inglés Jacob Barnett (13-6). En cuartos, ao borde das medallas, tiña enfronte un duro rival, o tamén inglés Christian Mcneish, fronte ao que sucumbiu por 15-5. Mcneish proclamouse campión do peso. Tamén acadou os cuartos, en -68 quilogramos, Manu Parada (Natural). Venceu no primeiro combate a Yassin Chaouch (Francia)
    por 10 a 7, e no segundo ao valenciano Cesar Heredero (18-15). Nos cuartos esperaba o medallista mundial de Gran Bretaña Bradly Sinden que venceu de forma clara (25-7). O británico foi, ao final, o vencedor do Open de París neste peso.

    Miryam García (Patiño Moaña) foi a terceira galega que alcanzou os cuartos de final, nesta oportunidade en -62 quilogramos feminino. Superou nos oitavos de final a Luxemburgo (12-2) e perdeu despois de forma clara contra a cabeza de serie número 2, a francesa Magda Wiet-Henin.

    En -57 quilogramos, Sara García (Dobok) gañou en primeira ronda a Eva Berthelol de Francia por 8 a 0, pero en segunda tiña enfronte a Jolanta Tarvida (Letonia) una rival moi alta e incómoda, ante a que non se sentiu cómoda, para rematar perdendo por 14-4. Neste mesmo peso, competiu Ainoa García (Natural) que quedou eliminada no primeiro combate ante Frederique Sarterre de Canadá (10-4). O combate foi axustado ata o terceiro asalto onde Ainoa arriscou para vencer, e a canadense aproveitou algún desaxuste. 

    Uxía Ogea (-53, Mace) gañou en primeira rolda a Madina Shermatova de Uzbequistán (9-8) e no segundo combate superou a Mariska Halinda de Indonesia (4-3). Pero no terceiro perdeu contra a canadense Rodgers (12-8). En -49 quilogramos, a taekwondista do Mace Sara Cortegoso caeu en primeira rolda contra Ana de la Fuente. O combate rematou con empate ( 8-8) e perdeu Sara no punto de ouro, por acumulación de dous gamjeoms. En +87 quilogramos, Emilio Pousada (Mace) tivo que retirarse no primeiro asalto contra o francés Yoann Mangue debido a unha lesión de xeonllo.

    43

    RelacionadosArtículos

    El Camino de Santiago a través de Vigo
    Más Vigo

    El Camino de Santiago a través de Vigo

    30 de Jun, 2025
    Sucesos

    Detenido un hombre en Vigo por agredir a su madre con un tenedor tras una discusión

    29 de Jun, 2025
    Evacuado en helicóptero un bañista tras ser rescatado inconsciente en la desembocadura del río Miñor
    Baiona

    Evacuado en helicóptero un bañista tras ser rescatado inconsciente en la desembocadura del río Miñor

    29 de Jun, 2025
    Un vehículo en sentido contrario causa un accidente y retenciones en la A-52
    O Porriño

    Un vehículo en sentido contrario causa un accidente y retenciones en la A-52

    29 de Jun, 2025
    Galicia Fest desvela su cartel por días y acelera para su primera edición: fechas y precios
    Música

    Galicia Fest desvela su cartel por días y acelera para su primera edición: fechas y precios

    29 de Jun, 2025
    Violencia, acoso y amenazas: se enfrenta a 15 años de cárcel por tratar de convertir la vida de su expareja en un infierno
    Sucesos

    El detenido por agresión sexual a un menor en un centro comercial ya fue condenado en 1999 por matar a un bebé

    29 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A

    Más Vistos

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    «Caballero no quería fiestas en Vigo ni atracciones de feria porque no tiene medios para revisarlas»

    por Redacción
    24 de Jun, 2025
    0

    Recuperación dunar de Samil: «No es esto, no es esto»

    Recuperación dunar de Samil: «No es esto, no es esto»

    por Fernando Torres Carbajo
    23 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Suspendidas las fiestas de Coia: «Ni la dictadura de Franco había podido con ellas»

    por Andrea Mariño
    24 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 7

    13

    45

    MÁS VIGO

    El Camino de Santiago a través de Vigo
    Más Vigo

    El Camino de Santiago a través de Vigo

    Resulta absurdo que la ciudad de Vigo siga siendo la única población donde no existe señalización oficial sobre el Camino...

    por Julio Alonso
    30 de Jun, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño
    Libros

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño

    La Villa del Louro se prepara para una cita literaria de excepción. Este jueves, 19 de junio, a las 20:00...

    por Redacción
    18 de Jun, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR