Este venres remata o prazo para anotarse a esta nova proba, para a que xa hai anotadas máis de 100 persoas e quedan dispoñibles 50 prazas. Quen queira inscribirse pode facelo na páxina web da Deputación de Pontevedra. Para participar haberá que calzar zapatillas de ‘trekking’ para adaptarse ás subidas e baixadas do percorrido e ter máis de 18 anos.
A competición desprazase á Cañiza despois dos ‘Depo Desafío’ de Tomiño e O Grove. Será en setembro cando chegue a cuarta cita co ‘Depo Desafío BTT’ polo concello de Cerdedo-Cotobade, e en outubro, será a última cita en Vigo cun tríatlon na modalidade distancia sprint con 750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 de carreira.
En cada unha das cinco probas hai unha gañadora e un gañador que obterán un trofeo. Con todo, soamente gañarán o ‘Depo Desafío 2018’ a muller e o home que finalicen ao menos catro probas e consigan o maior número de puntos. Ambos recibirán un trofeo e un dorsal personalizado e intransferible para o maratón de Berlín, que inclúe voo e aloxamento para el/ela e acompañantes.