• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 28 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Luis López e Luisa Sánchez presentan os deportistas, os clubs, as infraestruturas e os eventos como “os catro piares da provincia do deporte”

    O presidente provincial, xunto coa vicepresidenta e responsable de deporte, sinala investimentos novidosos do Depovan, as axudas de récord a deportistas ou melloras en instalacións municipais e das entidades como mostra do apoio da Deputación ao deporte
    Redacción por Redacción
    29 de Nov, 2025
    en Deportes
    0
    Luis López e Luisa Sánchez presentan os deportistas, os clubs, as infraestruturas e os eventos como “os catro piares da provincia do deporte”

    O presidente provincial, xunto coa vicepresidenta e responsable de deporte, e os premiados. / Foto: Deputación

    O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destaca os catro piares sobre os que se sustenta a provincia do deporte. “Deportistas, clubs, infraestruturas e eventos son as catro columnas que grazas ao labor de todos os que estamos aquí son cada día máis altas e robustas”, afirmou o mandatario provincial para pechar a Gala do Deporte deste ano 2025 que a Deputación organizou no módulo de atletismo do Ifevi, en Vigo, dedicada ao “mérito invisible” dos deportistas e de todo o tecido deportivo da provincia personalizada na figura do laureado e veterano atleta Manuel Rosales, o deportista homenaxeado na gala deste ano.

    “Manuel Rosales é a provincia do deporte porque encarna á perfección o lema desta gala: o mérito invisible e o mérito visible. Falo de mérito visible porque non hai máis que buscar o nome de Manuel Rosales e ver o seu infinito palmarés, con máis de 48 medallas nas súas vitrinas. Pero aínda máis mérito teñen os seus logros invisibles: é un exemplo de que o deporte é saúde, non hai máis que velo participando en carreiras aos seus 90 anos, é un dos grandes nomes propios do deporte aquí –na súa casa, Marín, ten unha carreira co seu nome—, en Galicia e en toda España e é un pioneiro no relanzamento de clubs de atletismo e nesa idea, compartida por todos, de converter esta provincia no gran recinto deportivo ao aire libre”, ilustrou López para poñer en valor o legado do deportista.

    A gala, conducida pola directora de deportes da Deputación, Xisela Aranda e o xornalista Armando Álvarez, comezou coa proxección dun vídeo que pon o foco no mérito invisible do deporte pontevedrés. Unha cerimonia que seguiu coa benvida aos asistentes por parte da vicepresidenta e responsable de Deportes da Deputación, Luisa Sánchez, que reivindicou o traballo dos deportistas locais independentemente dos resultados. “Sempre nos din que hai que buscar a excelencia e triunfar, pero por que non se pode fallar? É obrigatorio conseguir a vitoria? É malo non obter unha medalla? Non, non sempre hai gañar e non debemos obsesionarvos co éxito”, defendeu a vicepresidenta para engadir que “o deporte debe transmitir uns valores á sociedade e eses valores non poden obrigar a ninguén a ser o mellor. Eses valores deben ensinar o camiño para superarse uno mesmo. Pero non necesariamente para superar aos demais. Cada persoa ten o seu talento e o explota ao máximo das súas propias posibilidades”.

    Despois do discurso de Luisa Sánchez, a gala continuou cunha entrevista a figuras do deporte da provincia como a ximnasta Melania Rodríguez ou a tiradora Judith Rodríguez. A exhibición de taekwondo a cargo do club Hebe deu paso ao vídeo de “O Noso Club”, o programa impulsado pola Deputación para crear unha canteira provincial de deportistas de distintas disciplinas no que técnicos de distintas modalidades deportivas debateron sobre os beneficios deste plan. A gala rematou cunha exhibición de flatland, unha modalidade de ciclismo BMX que precedeu á homenaxe a Manuel Rosales, quen recibiu un agasallo por parte do presidente Luis López.

    “Sexa cal sexa a meta, sempre teredes na Deputación ao mellor compañeiro de equipo”, deixou claro o mandatario provincial antes de detallar a achega da Deputación en cada un dos catro piares que sosteñen a provincia do deporte. Un compromiso que comeza co apoio aos deportistas a través dunhas axudas de récord a 436 deportistas de alto nivel ou a creación dunha canteira provincial como a do Noso Club ou a academia de pilotos de +Talento Motor.

    A colaboración cos clubs é outro sinal da aposta do goberno de Luis López polo deporte que se plasma nun apoio directo a máis de 700 entidades ou na recuperación de eventos que vertebran a provincia como a Copa Deputación ou colaboracións directas como o programa Depovan, que reparte 600.000 euros entre as entidades deportivas da provincia para a adquisición de vehículos.

    As infraestruturas están a experimentar unha revolución da man da Deputación tanto a través das tres convocatorias do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que está a mobilizar 20 millóns de euros nos concellos da provincia, como o investimento de 13,3M€ na reforma de Balaídos ou a mellora de pavillóns como Príncipe Felipe en Pontevedra. Neste punto, destacou Luis López o lanzamento do primeiro Plan Provincia do Deporte – Prodeporte para mellorar as instalacións das entidades deportivas dotadas con 1,8M€.

    O cuarto pilar son os eventos deportivos. A provincia acolle cada fin de semana competicións de toda clase e de todas as categorías, moitos deles de repercusión internacional como mundiais de vela, etapas de La Vuelta ou do Gran Camiño, probas de motociclismo, partidos das seleccións nacionais de balonmán ou fútbol, series mundiais de tríatlon ou circuítos internacionais de pádel. Apostas que se combinan con iniciativas como as axudas ao turismo deportivo. “O deporte é unha fiestra que proxecta as Rías Baixas como o que é: inigualable en beleza e incomparable para o deporte. Demostramos que o deporte é riqueza, emprego, turismo, territorio e o que nos fai transcender”, afirmou Luis López.

    “Os deportistas sodes a alma desta provincia do deporte, non podemos máis que dicirvos grazas por facernos máis grandes dentro e fóra do territorio. O mérito poder ser invisible, pero o que ninguén pode ocultar é que sodes protagonistas desta provincia”, rematou o presidente da Deputación.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraGala do DeporteLuis LópezLuisa Sánchez

    RelacionadosArtículos

    El PP de Vigo anuncia alegaciones a la ordenanza de viviendas turísticas: «Que Caballero no aplique el rodillo»
    Local

    El PP de Vigo anuncia alegaciones a la ordenanza de viviendas turísticas: «Que Caballero no aplique el rodillo»

    27 de Ene, 2026
    Luisa Sánchez reclama una mejora de los servicios públicos y de la seguridad en la parroquia de Cabral
    Local

    Luisa Sánchez reclama una mejora de los servicios públicos y de la seguridad en la parroquia de Cabral

    25 de Ene, 2026
    Luisa Sánchez plantea un acuerdo para que Vigo exija a Aena que «ejerza sus competencias» y potencie Peinador
    Local

    Luisa Sánchez plantea un acuerdo para que Vigo exija a Aena que «ejerza sus competencias» y potencie Peinador

    24 de Ene, 2026
    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026
    Luisa Sánchez participa en la Festa do Cocido de Matamá
    Local

    Luisa Sánchez participa en la Festa do Cocido de Matamá

    18 de Ene, 2026
    Luisa Sánchez visita Bembrive en las semanas previas a San Blas
    Local

    Luisa Sánchez visita Bembrive en las semanas previas a San Blas

    17 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    por David Augusto
    22 de Ene, 2026
    0

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    por Redacción
    21 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Concierto solidario de la Coral Casablanca
    Más Vigo

    Concierto solidario de la Coral Casablanca

    Es preciso darle amplia difusión al concierto solidario que ha organizado la Coral Casablanca, de Vigo. La gala será a...

    por Julio Alonso
    28 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Antolín Alcántara presenta en Vigo su crónica de la infancia bajo el franquismo
    Libros

    Antolín Alcántara rinde tributo a la memoria colectiva en Évame Oroza

    La literatura gallega vuelve a citarse con la historia reciente en el corazón de Vigo. Este 28 de enero, a...

    por Redacción
    27 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR