11122019Mié
Última edición: Mié, 11 Dic 2019 9am

A viguesa Carol González, elixida a mellor xogadora do mundo de fútbol praia

Internacional con España en fútbol praia, foi nominada mellor xogadora do mundo na gala Beach Soccer Stars que se celebrou este sábado en Dubai

10 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Carol González. Carol González.

O 9 de novembro do 2019 xa forma parte da historia do fútbol feminino en Galicia. A viguesa Carolina González, internacional con España en fútbol praia, foi elixida mellor xogadora do mundo na gala Beach Soccer Stars que se celebrou en Dubai.

A futbolista Carol González, natural de Vigo e que xoga actualmente no Málaga CF Feminino que milita no Grupo Sur da Reto Iberdrola, proclamouse campioa dos Xogos Mundiais da Area con España o pasado mes de outubro.

A galega foi galardoada tras o seu bo papel nos Xogos Mundiais de Area, onde saíu campioa do mundo coa Selección Española de fútbol praia. No devandito campionato, Carol estivo presente anotando goles en todos os partidos, excepto na final, marcando un total de cinco goles.

A semana seguinte á conclusión do torneo, coñeceuse que Carol González era unha das nomeadas aos "Best Women’s player of the year" da sección de fútbol praia xunto a Adriele Rocha (Brasil) e Sarah Kempson (Inglaterra). O resultado final deuse a coñecer na noite deste sábado nunha gala celebrada en Dubai.

En nome de toda a xunta directiva e de toda a Real Federación Galega de Fútbol, o presidente, Rafael Louzán, trasladou a súa felicitación a Carol por este histórico galardón.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído