22092019Dom
Última edición: Dom, 22 Sep 2019 5pm

Esixen a retirada do cartel dun partido de fútbol en Vigo por “machista”

O servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra reclama á Federación de Veciños e ao Coruxo que rectifiquen un anuncio que consideran "cheo de estereotipos de xénero e elementos sexistas"

11 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O polémico cartel. O polémico cartel.

O servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra remitirá nas próximas horas unha carta á Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao (Favec) de Vigo e á Xunta Directiva do Coruxo FC, na que lles esixe a retirada inmediata do cartel anunciador dun partido de fútbol feminino que, segundo di a citada publicidade, enfrontara á “veciñas vs políticas” o próximo sábado no Campo do Vao.

Dende a institución provincial cualifican de “incomprensible e lamentable que o citado cartel estea cheo de estereotipos de xénero e elementos sexistas, e sitúese tan alonxado da igualdade pola que está a loitar o deporte feminino”, polo que insta a ambas as dúas entidades a eliminalo da promoción do partido.

Dende a área de Igualdade lamentan que “en pleno século XXI, e só tres días despois das reivindicacións do 8 de marzo no que millóns de mulleres de todo o mundo saíron ás rúas para esixir xustamente o contrario do que ensina o cartel da Favec e do Coruxo, aínda existan semellantes prexuízos e estereotipos, que tanto dano están a facer ás mulleres”.

A institución presidida por Carmela Silva considera “inconcibible que estas actitudes machistas poidan ter cabida aínda na nosa sociedade”.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

navidad

navidad 2019

  • Últimas noticias

  • Más leído