19032019Mar
Última edición: Lun, 18 Mar 2019 9pm

O Concello asegura que realiza o mantemento do campo de fútbol do Carballal

Tras as queixas do Gran Peña, o goberno local alega que solicitou á empresa subministradora unha análise da rede eléctrica do campo para obter unha diagnose do estado do servizo

17 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Queixas no campo de fútbol do Carballal./ Foto: Gran Peña Queixas no campo de fútbol do Carballal./ Foto: Gran Peña

O goberno municipal aseguró este domingo que realiza o mantemento destas instalacións ao igual que ocorre co resto de centros deportivos municipais. A resposta chega despois de que o Gran Peña lamentase a mala situación das instalacións e a falla de auga quente.

"Unha vez acometidas as obras, detéctanse fallos nestes servizos que se atribúen ás diferencias de tensión que sofre a rede eléctrica nunha das fases do campo, coa que chegan a producirse descensos dun 21% na potencia. Esta perda da tensión impide o correcto funcionamento dos sistemas eléctricos", sinala o Concello nun comunicado emitido este domingo.

Dada esta circunstancia, o goberno de Vigo alega que instalou un verificador de tensión e solicitou á empresa subministradora (Energy -Gas Natural) unha análise da rede eléctrica do campo do Carballal para obter unha diagnose do estado do servizo que permita tomar decisións ao respecto.

O goberno municipal asegura que ten informado desta situación ao Gran Peña e que ten "coñecemento escrito e verbal de tódalas xestións realizadas para tratar de solucionar estes problemas".

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

sanidad

gastronomía

galardones

  • Últimas noticias

  • Más leído