18082019Dom
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

O Vao acollerá a final feminina da Copa Deputación, que reunirá a más de mil equipos

O período de inscrición na categoría sénior masculina ábrese este luns e na primeira semana de marzo comezará o prazo para os equipos femininos

08 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O Matamá ergue o título acadado en 2018. / Foto: Deputación de Pontevedra O Matamá ergue o título acadado en 2018. / Foto: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou este venres unha nova edición da Copa Deputación, a duodécima en categoría masculina e a quinta edición en feminina. O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns 11 de febreiro para os equipos masculinos e a primeira semana de marzo no caso dos equipos femininos.

En categoría masculina, as inscricións pecharanse o día 16 deste mesmo mes e os sorteos da primeira ronda terán lugar en Vigo e Pontevedra os días 21 e 22. Esta primeira eliminatoria poderá xogarse xa a finais deste mes. No caso da competición feminina os primeiros partidos disputaranse a mediados de marzo.

O formato de competición volverá a ser o mesmo que nas últimas edicións xogándose todas as eliminatorias a un único partido que se disputará no campo do equipo de menor categoría e resolvéndose os empates cunha tenda de penaltis. A presidenta tamén sinalou que “a final feminina xogarase en Vigo, no campo do Vao, e a masculina na Lomba, en Vilagarcía de Arousa, ambas a finais de maio”.

Ademais da competición en categoría sénior novamente haberá unha Copa Deputación 2019 para equipos de categorías base que comezará no mes de abril, cando terminen as competicións oficiais. Nela, tal e como resaltou Carmela Silva, “participarán, como nas anteriores edicións, máis de 1.000 equipos de nenos e nenas de toda a provincia”.

A organización da Copa Deputación 2019 ten un orzamento total de 120.000 euros, incluíndo tanto as competicións sénior masculina e feminina como a Copa Deputación de categorías base.

Na edición de 2018 participaron un total de 128 equipos, 15 en categoría feminina e 113 equipos de Terceira División, Preferente, Primeira, Segunda e Terceira Autonómica en categoría masculina. Nesta pasada edición os equipos gañadores foron o SCDA de Matamá e o CD Choco, que levantou o título por cuarta vez consecutiva.

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

rutas

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

el vigo de otra época

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído