22052019Mié
Última edición: Mar, 21 May 2019 10pm

Volve a Liga Concello de Vigo de fútbol 8, a competición na que todos gañan

Xogarase os sábados dende o vindeiro 10 de novembro ata o 1 de xuño no complexo deportivo municipal de Samil

30 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Abel Caballero, con o concelleiro Manel Fernández e representantes de varios dos clubes que participan na liga. Abel Caballero, con o concelleiro Manel Fernández e representantes de varios dos clubes que participan na liga.

Nuns días comeza a Liga Concello de Vigo 18/19 de fútbol 8, que está prevista os sábados dende o vindeiro 10 de novembro ata o 1 de xuño no complexo deportivo municipal de Samil.

Belarmino Alonso, "Milucho", coordinador da proba, Christopher Staub (Arenas de Alcabre), Daniel Costas (Balaídos) e Quique Prado (Alertanavia), acompañados polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentaron a Abel Caballero este martes un evento "xenuíno", segundo lle explicaron, pois nos partidos do Armando Cajaraville non hai resultados.

"Hai, xogo, diversión e aprendizaxe, pero non competitividade", manifestou Milucho. Dende a súa creación, este torneo asegura a todos os nenos e nenas a posibilidade de xogar ao fútbol sen a obriga de gañar. O Concello entrega medallas a todos os inscritos.

Nesta tempada serán un 700 xogadores de 5 a 13 anos os que asistan. Estímase que cada sábado haberá medio milleiro de futbolistas no céspede sintético de Samil. Uns trinta encontros por xornada. E non solo clubs de Vigo, pois tamén se inscriben equipos de concellos da área de influencia, porque a aposta viguesa é única.

"Ano tras ano o evento ten máis éxito", explicou Manel Fernández. Cada xornada están programados catro campos e partidos toda a mañá.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

el tiempo

  • El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo
    El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo Tras varias jornadas debatiéndose entre nubes y claros y con temperaturas que no logran alcanzar los 20 grados, Vigo experimentará un cambio de tendencia con la llegada del fin de semana. La subida de los termómetros será progresiva pero se…
    Leer más...

conflicto laboral

solidaridad

  • Últimas noticias

  • Más leído