28062017Mié
Última edición: Mar, 27 Jun 2017 10pm

O Sárdoma procura a Copa Deputación ante o Atlético Arousana

O equipo vigués, recente campión da Copa Vigo, quere resarcirse da súa derrota de 2015 fronte o cadro do Salnés. O partido poderase seguir en directo pola internet

19 Junio 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
O plante do Sárdoma celebra o título acadado na Copa Vigo recentemente. / Foto: Sárdoma CF O plante do Sárdoma celebra o título acadado na Copa Vigo recentemente. / Foto: Sárdoma CF

O Sárdoma ten ante si a posibilidade de erguer un novo título coa disputa da final da Copa Deputación de fútbol feminino. Despois de proclamarse campión da Copa Vigo, o conxunto vigués loitará este martes en Cambados (21.15 horas) polo título provincial.
Non llo porá nada fácil o seu rival, un Atlético Arousana que xoga case coma local nunha edición na que a vila do Salnés acolle o partido decisivo co gallo do seu nomeamento como Cidade Europea do Viño “Pola Igualdade” 2017.

Así, repítese o duelo decisivo do ano 2015, no que se viron as caras os mesmos equipos con resultado favorable para as arousanas (2-1), que veñen de clasificarse para a súa terceira final consecutiva. Ambos buscan suceder ao Olivo, gañador da edición do ano pasado.

O adestrador do Sárdoma, Marcos Canle, que conta co seu plantel ao competo, non agocha que conquistar o dobrete sería o máximo. Mentres, o técnico Fernando González avisou de que o Atlético Arousana chega “un pouco xustiño” a esta final. Sen Sara Pazos, Sara González e Irene, mancadas, e coas dúbidas de Nerea e Adela, apelará ao equipo que remontou en Barrantes dez días atrás.

Por primeira vez a final será dirixida por una muller, a colexiada Elena Casal. As súas asistentes serán Sofía Gándara e Paula Balboa.

Ao campo de Burgáns asistirán a presidenta da Deputación, Carmela Silva e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal. Con todo, o encontro poderase seguir pola internet, xa que será retransmitido desde a páxina web do organismo provincial.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

banner limpieza b FCC 2017

crimen de arealonga

  • El Rápido ya es de 2ªB
    El Rápido ya es de 2ªB El Rápido de Bouzas logró este domingo el ascenso a la Segunda División B del fútbol español tras remontar el resultado de la ida en el Baltasar Pujales (1-1) y darle la vuelta a la eliminatoria en Peralada (2-2).
    Leer más...

vigo en festas

celta

  • Maxi Gómez: “Admiro a Iago Aspas”
    Maxi Gómez: “Admiro a Iago Aspas” Maxi Gómez arde en deseos por empezar la pretemporada. Quiere vestirse de corto cuanto antes para comenzar a defender la camiseta celeste y también para conocer a sus nuevos compañeros, de los cuales no sabe mucho todavía. Tras firmar su…
    Leer más...

deportes

  • Últimas noticias

  • Más leído