• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Copa Deputación feminina coroa ao Valladares

    O conxunto vigués venceu ao Umia na quenda de penaltis. Trabazos, que mandou dous balóns ao pau, igualou na segunda metade e as de Couñago gañaron desde os once metros
    Redacción por Redacción
    06 de Jun, 2019
    en Fútbol
    0
    A Copa Deputación feminina coroa ao Valladares

    Así se escribe a historia. O Umia tivo o 2-0 no 59, con Tamara salvando o tanto na liña de gol. Perdoou (certo, tivo poucas ocasións, pero defendeuse con orde e criterio) e acabou pagando nun partido no que a dobre T branquiazul (talentosa Anita e tanque Trabazos) soubo igualar o choque, en noite con dous lanzamentos á madeira da dianteira.

    No primeiro período, o Umia, que levaba un ano avisando do seu potencial (a final copeira de As Gaiandas o verán pasado foi unha premonición), comeuse ao “grande” nos primeiros compases. Balón á súa banda esquerda, o lateral dereito que foi unha constante hemorraxia para o Valladares toda a tempada, galopada e gol. Era o sexto minuto e o Valladares penaba unha vez máis por esa banda maldita.

    Un ano atrás, o Valladares puxo en serios apertos ao Sárdoma neste mesmo torneo do KO, e cando subiu deulle  matarile en Segunda. Coa final do Carrasco pode suceder igual. Umia e Valladares veranse no campionato de Segunda División en poucos meses, e este título converteuse nunha excelente carta de presentación. Polo momento, as de Moisés Campos soltaron un bo bofetón. E non, as finais non están para tocar nin consentir o balón, están para gañalas.

    O Valladares, aos poucos, foi achegándose máis á área de Patricia Casas, ‘House’, con accións de Trabazos, fundamentalmente (disparo á escadra, min. 13), e balóns que se pasearon orfos pola área sen que  Hele ou Anita definisen. Pero iso, para unha final de Copa, era máis ben pouco. O proxecto de Moisés Campos leva tres tempadas avisando. En Barrantes, o seu excelente feudo, fixo suar sangue ao Arousá en 2017 e advertiu ás vilagarciás do rápido que crecía o Umia. Nos dous anos seguintes o once de Campos converteuse na referencia copeira da zona de Pontevedra. Con todo merecemento.

    A segunda parte foi outra historia. O equipo vigués tivo máis o coiro e Anita liderou toda a ofensiva pola dereita. A mellor xogadora de Vigo o é por algo. Ela e Trabazos, autora do empate, tiveron varias ocasións, con ‘House’, a gardameta do Umia, salvando unha internada con chut de Anita (min. 80). Mesmo  Trabazos tivo o 1-2 no 94 (e outro traveseiro no 82), pero o seu croque foi ás mans de Casas.

    Así, tocaba quenda de penaltis tras uns minutos finais tolos nos que tamén o Umia tivo unha  galopada de Rebeca para o 2-1, pero foron os penaltis os que determinaron o campión. O Valladares empezou lanzando e Anita (0-1), Marta (1-2),  Trabazos (2-3), Gloria (2-4) e Carla (3-5), por esta orde, cazaron a Copa. Cris e Pau levaron a emoción (1-1, 2-2), pero fallou Lida e, aínda que logo marcou Alba Ferré (3-4), Carla sentenciou. Sufrindo, si, pero o Valladares é o novo campión provincial.

    Ficha:
    Umia 1 (3): Patricia Casas; Sandra, Cris, Ainhoa Barreiro, Graci (María Vázquez, min. 72), Paula, Eva López,  Miri, Lida, Alba  Ferré e Alba Barral (Rebeca, min. 61).

    Valladares 1 (5): Judith ( Albita, min. 92); Nerea, Gloria, Tamara, Marta,  Hele,  Mery, Loles (Loli,  min. 81), Álex Pichel (Carla, min. 93), Anita e Trabazos.

    Goles: 1-0 ( min. 6), Alba  Ferré. 1-1 ( min. 69),  Trabazos.

    Árbitro: Iria Rosendo (Comité Galego). Amoestou polo Umia a Paula e polo Valladares a Nerea e Marta.

    Incidencias: O Carrasco, en Marcón (Pontevedra). Final da V Copa Deputación feminina. Asistiu a presidenta da institución provincial, Carmela Silva. Boa entrada e ruidosa e moi participativa a afección do Umia. No tempo de lecer entrou en funcionamento a iluminación eléctrica.

    43

    RelacionadosArtículos

    Y ahora tres días de huelga en Renfe: estas son las líneas y los horarios de servicios mínimos en Galicia
    Actualidad

    Y ahora tres días de huelga en Renfe: estas son las líneas y los horarios de servicios mínimos en Galicia

    08 de Feb, 2026
    Náutico de Vigo y Comisión Naval de Marín, vencedores de Trofeo Ría de Vigo para las clases dobles
    Deportes

    Náutico de Vigo y Comisión Naval de Marín, vencedores de Trofeo Ría de Vigo para las clases dobles

    08 de Feb, 2026
    Renfe mantiene la suspensión de regionales entre Vigo Guixar y Ourense, mientras reanuda el resto de servicios
    Local

    Renfe mantiene la suspensión de regionales entre Vigo Guixar y Ourense, mientras reanuda el resto de servicios

    08 de Feb, 2026
    El estrecho vínculo entre la perfección y la ansiedad
    Salud

    El estrecho vínculo entre la perfección y la ansiedad

    08 de Feb, 2026
    La Borrasca Marta pone en alerta los ríos: dos con aviso naranja en Vigo, uno en Redondela, Gondomar y Salvaterra
    Actualidad

    La Borrasca Marta pone en alerta los ríos: dos con aviso naranja en Vigo, uno en Redondela, Gondomar y Salvaterra

    08 de Feb, 2026
    Llega a juicio la redada en uno de los últimos clubs de alterne de Vigo: 19 mujeres sin Seguridad Social
    Sucesos

    Llega a juicio la redada en uno de los últimos clubs de alterne de Vigo: 19 mujeres sin Seguridad Social

    08 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    El puerto de Vigo ha experimentado un crecimiento global importante en estos últimos años, sin embargo, el puerto de Leixões,...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR