18112019Lun
Última edición: Dom, 17 Nov 2019 9pm

Nace a ruta BTT do Atlántico de 40 quilómetros

18 Enero 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Percorrido da marcha BTT do Atlántico. Percorrido da marcha BTT do Atlántico.

A primeira edición da marcha BTT do Atlántico inicia o vindeiro mércores 20 de xaneiro o seu período de inscricións. Esta proba non competitiva de 40 quilómetros vaise celebrar dende as 9:30 da mañá do domingo 20 de marzo e transcorrerá pola ruta de BTT que percorre a Serra da Groba, atravesando os concellos do Rosal, Oia e A Guarda.

O prezo vai dende os 8 euros ata os 12 en función da data na que se inscriban os participantes. Precisamente, será o municipio da Guarda onde se sitúen as liñas de saída e meta, nas inmediacións do CEIP A Sangriña. As inscricións para esta proba poderanse realizar desde o 20 de xaneiro ata o 16 de marzo na web www.championchipnorte.com, de forma presencial no ximnasio Excálibur da Guarda ou mediante transferencia bancaria. Esta marcha ciclista estará limitada a un máximo de 400 participantes e será preciso ter cumpridos os 16 anos, no día da súa celebración, para poder participar.

A I BTT do Atlántico está organizada por Qualité Sport Events, a mesma entidade que puxo en marcha con éxito as carreiras 10K O Rosal-Feira do Viño e 15K do Atlántico. O seu responsable, o rosalés Serafín Martínez, declarou que “con esta ruta en BTT, ao igual que coas probas de running que celebramos nesta bisbarra, buscamos dinamizar e dar a coñecer a través da práctica deportiva os fermosos paraxes naturais do Baixo Miño. É por iso que tamén nesta ocasión contaremos coa colaboración dos concellos da Guarda, Oia e o Rosal”.

A organización contará cunha páxina web http://www.bttdoatlantico.com/ na que darán conta polo miúdo de tódalas novidades que vaian xurdindo ao redor da proba.

recorrido

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído