14122019Sáb
Última edición: Sáb, 14 Dic 2019 3am

Últimos días para inscribirse na ruta BTT por Vigo e Nigrán

A actividade, que terá lugar o domingo 29 de setembro cun percorrido circular de 40 quilómetros, pasará polos parques forestais de Saiáns, Coruxo e Monte Alba-Cepudo e permitirá gozar dunhas vistas espectaculares á ría

23 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Unha das rutas organizadas anteriormente. / Foto: Deputación de Pontevedra Unha das rutas organizadas anteriormente. / Foto: Deputación de Pontevedra

Este mércores 25 de setembro pecha o prazo de inscrición para a terceira proba das DepoRutas BTT da Deputación de Pontevedra, que se celebrará o domingo 29 polo concello de Nigrán e terá un percorrido circular de 40,2 quilómetros. A actividade ten como punto de saída e chegada o campo de fútbol de Chandebrito. Iniciarase con continuas subidas e baixadas e unhas vistas espectaculares da vila de Nigrán e a ría de Vigo, para chegar logo aos parques forestais de Saiáns e Coruxo.

No quilómetro 19 os participantes terán o avituallamento da ruta, para encarar a segunda parte do itinerario, cun perfil máis esixente que os levará a ascender o monte de Coruxo ata o seu punto máis alto. A continuación haberá un pequeno descenso antes de afrontar a parte máis dura do percorrido, que levará aos participantes a coroar o Parque Forestal Monte Alba-Cepudo, presidido pola Igrexa de Nosa Señora do Alba, unha contorna que ofrece unhas vistas espectaculares da cidade de Vigo.

Tras a cita de Nigrán, a seguinte DepoRuta BTT terá lugar o 20 de outubro en Salceda de Caselas. E, por último, o 27 de outubro será a quenda da DepoRuta BTT de Cangas. O programa ofrece cinco actividades de balde e cun máximo de 300 participantes en cada unha delas. O obxectivo é fomentar o deporte á vez que se pon en valor os montes da provincia, a súa riqueza natural, ecolóxica e patrimonial inigualable.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído