17062019Lun
Última edición: Lun, 17 Jun 2019 6pm

Iria Campos e David Castro triunfan na proba BTT das Neves, estrea ao Depo Desafío

A competición organizada pola Deputación de Pontevedra iniciou a súa segunda edición con máis de 150 deportistas percorrendo 30 quilómetros polos montes da comarca

10 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Podio da proba. / Foto: Deputación de Pontevedra Podio da proba. / Foto: Deputación de Pontevedra

Iria Campos e David Castro convertéronse nos primeiros gañadores dunha proba do Depo Desafío 2019 despois de cruzar a meta en primeiro lugar na etapa BTT que acolleu este domingo 9 de xuño o concello das Neves. En categoría feminina foi Iria Campos a primeira clasificada, cun tempo dunha hora e 50 minutos. En segundo lugar chegou Andrea Simón (terceira na clasificación xeral de 2018) e en terceiro, Cristina Fernández.

Pola súa banda, en categoría masculina venceu David Castro Porto, cun tempo de 1 hora e 29 minutos. Por detrás chegaron Ramón Troncoso, en segundo lugar, e Alexandre Rodríguez Paz, terceiro. Este último, na primeira edición do Depo Desafío, foi terceiro na clasificación xeral.

O percorrido polo concello das Neves foi un circuíto de 15 quilómetros ao que se lle deu dúas voltas. Este circuíto tiña unha altitude máxima de 490 metros e un desnivel positivo de 422 metros.

Tras esta proba BTT a seguinte parada do Depo Desafío 2019 será Poio, o 6 de xullo. Alí celebrarase unha travesía a nado de 1.500 metros que pasará por Combarro. No mes de xullo, amais desta proba, celebrarase a carreira a pé de 12 quilómetros que percorrerá as rúas de Vilagarcía de Arousa. Esta proba será o 27 de xullo.

Tanto para estas probas de xullo como para o trail de Cuntis (setembro) e o tríatlon de Vigo (outubro) as inscricións xa están abertas. Tamén abriuse novamente este luns a inscrición conxunta para todas as etapas, posto que para optar á clasificación xeral só é necesario participar en 4 probas. Tanto para a travesía de Poio como para todas as probas en conxunto as inscricións péchanse o luns 1 de xullo.

O Depo Desafío, que este ano chega a súa segunda edición, trátase dunha das actividades postas en marcha pola institución provincial para popularizar este tipo de probas deportivas á vez que se promove o destino turístico -razón pola que as probas se distribúan ao longo do territorio pontevedrés- e, do mesmo xeito, concienciar á poboación da urxencia de practicar deporte no medio natural dun xeito respectuoso, sustentable e responsable.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

pleno de investidura

ocio

sucesos

VIGO

  • Últimas noticias

  • Más leído