21032019Jue
Última edición: Jue, 21 Mar 2019 6pm

"Unha bici, un sorriso", solidariedade sobre dúas rodas no Nadal

Faise un chamamento para a doazón de bicicletas en desuso. Ademais, este domingo celébrase a marcha "Bicis no Nadal", na que se recollerán alimentos non perecedoiros

14 Diciembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Abel Caballero e representantes de A Golpe de Pedal e o Club Ciclista Vigués. Abel Caballero e representantes de A Golpe de Pedal e o Club Ciclista Vigués.

Este venres presentouse no Concello a nova edición da campaña solidaria "Unha bici, un sorriso" que o Concello desenvolve en colaboración con A Golpe de Pedal desde o ano 2002. Convidouse á cidadanía a doar as bicicletas que non usen para que, unha vez arranxadas e recuperadas, poidan ser entregadas ás familias con nenos polo Nadal.

A campaña, aberta todo o ano pero cunha especial incidencia no Nadal, ten recollido xa máis de 1.000 bicicletas desde o ano 2002, pezas que restauran os talleres e tendas colaboradores: Anca, Bicitotal, Biciocon, Cromoly, Galicia en Bici, Gonzalo Aguiar, Nbike, Transcero, Lafuga, Xtrembike, Sportpasion, Duran Bikes e Mais que bicis.

José Manuel Suárez, presidente de A Golpe de Pedal amosouse satisfeito pola consolidación da campaña na cidade e mencionou as tres entidades coas que asinaron convenio de colaboración este ano para poderen recibir bicicletas: Cáritas, Aldeas Infantiles e Provivienda. Na rolda de prensa estiveron presentes Ana Pardo de Provivienda e Carlos Vidal, presidente do Club Ciclista Vigués.

Ademais, o alcalde convocou á cidade a participar este domingo, 16 de decembro, na marcha ciclista popular "Bicis no Nadal", que organizan en colaboración con el Club Ciclista Vigués e que parte ás 10:30 da mañá de Concepción Arenal e que tamén é solidaria, xa que recollerán alimentos non perecedoiros.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

espectáculos

tráfico

medio ambiente

turismo

  • Últimas noticias

  • Más leído