13112019Mié
Última edición: Mié, 13 Nov 2019 8pm

BTT

Óscar Pereiro, Ezequiel Mosquera e Lucía Vázquez estarán na Gran Bikedada máis numerosa

A proba celebrarase este domingo, partirá ás 9:00 de Montero Ríos e levará ao pelotón por Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes

16 Febrero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A proba foi presentada este venres no Concello. A proba foi presentada este venres no Concello.

Abel Caballero presentou este venres a quinta edición de "A Gran Bikedada", prevista para este domingo, como "un evento deportivo da meirande importancia, de gran contundencia, consolidado no calendario ciclista galego e diría que empeza tamén a traspasar fronteiras", asegurou o rexedor. O alcalde lembrou que están entre os inscritos Óscar Pereiro, Ezequiel Mosquera e Lucía Vázquez e que a proba, non competitiva, sí terá premios especiais: ao equipo máis numeroso, ao equipos máis numerosos non galego, ao equipo feminino máis numeroso e á participante e ó participante chegados de máis lonxe.

 O xefe do goberno municipal, rodeado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o presidente da entidade organizadora Social Ciclismo Fan Manager, Manuel Alonso, e representantes de patrocinadores privados (Coca-Cola, Zona Náutico), clubs ciclistas e Federación Galega de Ciclismo, explicou que a proba, co mesmo trazado que en 2017, é "unha marcha dura nunha ruta marabillosa, a Senda da Auga", que se inicia en Montero Ríos ás 9:00 horas e que levará á serpe multicolor por Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes (encoro de Eiras).

Con tres opcións para as BTT (bicicletas de montaña) de medio fondo (42,2 quilómetros), fondo (64,4 kms.) e gran fondo (94,6 kms.), a edición deste ano bate récords de participación (654 inscritos). Para Caballero, débese á "importancia da proba", pero tamén a que "estamos asistindo a unha nova primaveira da bicicleta e do ciclismo. Estase empezando a converter nun transporte habitual e querémola así en Vigo, por iso os carrís bici, que xa empezamos a facer", sostivo.

José "Xagarós", coordinador da entidade promotora do evento, explicou que a proba será dura: "Levamos dous meses de inverno, sabemos que hai moita lama e ata no terreo cha será difícil rodar porque as rodas se afunden", pero valorou a consolidación desta marcha das bicicletas de BTT como "un reto persoal de cada participante".

A organización tamén ofrece durante toda a fin de semana, nas Avenidas, probas ciclistas de promoción para nenos e o domingo haberá dúas actuacións do grupo vigués Galirockers Crew, con bailarines de danzas urbanas que animarán ao público coa súa actividade denominada Cor&Dan (correr, andar e danzar), unha novidade dentro das actividades de animación previstas. Xagarós tamén aludiu ao apoio dos clubs ciclistas (CC Vigués, CC Teis, CC Coruxo, CC A Lamprea e CC Spol) e da Federación Galega.

Inicia sesión para enviar comentarios

transporte

sucesos

virales

  • Últimas noticias

  • Más leído