• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Ciclocross

    Isabel Castro e Samuel González, campións de Galicia de Ciclocross

    A ponteareá entrou en meta da man da súa compañeira de equipo e filla Desirée Duarte e o vigués gañou con moita solvencia en Culleredo
    Redacción por Redacción
    01 de Ene, 2017
    en Ciclismo
    0
    Isabel Castro e Samuel González, campións de Galicia de Ciclocross

    O Clube Ciclista Cambre, o BTT Caimanes Betanzos, a Peña Ciclista Monte Xalo e a Federación Galega de Ciclismo (FGC) encargáronse da organización dun evento que rexistrou un gran ambiente e que supuxo un fin de festa ideal para a temporada de ciclocross autonómica. A cita en territorio coruñés congregou a 220 corredores e a un importante número de espectadores.
    Desde o 2008, as instalacións de ‘A Laboral’ non acollían unha proba desta modalidade. O circuito de 2,5 kilómetros agradou aos participantes, un trazado moi completo cunha longa subida, na que os ciclistas víanse obrigados a botar pé a terra, e zonas de barro. Un esixente percorrido no que o tándem familiar do Fornelos non deu opcións ás súas rivais na competición Elite e Sub23 feminina.

    Isabel Castro e Desirée Duarte firmaron o dobrete para o conxunto pontevedrés. Nai e filla presentáronse na liña de meta collidas da man e con máis dun minuto de vantaxe. A elite Castro ocupou a primeira posición e a sub23 Duarte a segunda cun tempo de 49 minutos e 12 segundos. O podio completouno María Jesús Barros (Spol).

    O vencedor da proba raíña masculina tamén acadou un triunfo incontestable. Samuel González chegou a Culleredo avalado polas seis vitorias consecutivas que viña de lograr na Copa Galicia. O corredor sub23 do Salvaterra e o seu compañeiro Mauro González buscaron rachar a carreira dende a saída. De inmediato tomaron o mando con Raúl Fernández (Fornelos) rodando a escasos segundos.

    O inicio da segunda volta resultou determinante e Samuel González decidiu marcharse en solitario: “Cheguei cunha pequena marxe á subida longa e ataquei con gañas para intentar soltar a todos definitivamente. Abrín un oco bastante bo e a partir de aí centreime en manter esa renda”.

    O ciclista vigués proclamouse por primeira vez campión de Galicia absoluto tras deter o reloxo en 58 minutos e 36 segundos. Por detrás estableceuse unha axustada loita pola segunda posición e polo título elite na que non puido estar Mauro González, que abandonou por problemas mecánicos.

    O corredor profesional de estrada Daniel López (Burgos BH) superou aos especialistas e fíxose co título Elite entrando a 54 segundos de Samuel González. O terceiro posto correspondeulle ao sub23 Raúl Fernández, cuarto foi o elite Adrián Valverde (Rías Baixas) e quinto o tamén elite Paulo González (Salvaterra). Coa terceira praza sub23 fíxose Román Saa (Maceda), undécimo na clasificación absoluta.

    Tres títulos do Maceda
    Nas categorías inferiores o gran triunfador foi o conxunto do Academia Postal-Actyon-MMR. O clube de Maceda obtivo tres dos catro títulos que se disputaron. Noela Saa venceu nas cadetes con 20 segundos de vantaxe sobre Carla Fernández (Redondela) e 1:10 respecto a súa compañeira na estructura ourensá Aida González. Nos rapaces cadetes Carlos Canal foi o máis forte e no podio estivo acompañado por Mario Fernández (Rosal) e Roi López (Óscar Pereiro), segundo e terceiro respectivamente.
    O triplete macedá rubricouno Iván Feijoo, que ergueu os brazos nos júniors tras distanciarse en 25” de Pablo Álvarez (Cambre Renault Caeiro) e en máis dun minuto e medio do seu compañeiro Abel Franco (Academia Postal-Actyon-MMR). Na carreira júnior feminina gañou Sara Trigo (Cidade de Lugo), con Carlota Cañamero (Coruxo) na segunda posición e Marta Vila (Fornelos) na terceira.

    Emoción nos másters
    En canto aos másters, ningún dos campións da Copa Galicia puido repetir éxito. Nos Máster-30, Luciano Carretero (Cambre) bateu por dez segundos ao seu compañeiro de equipo Andrés Calvete e Juan Bello (Asociación Galega) finalizou terceiro.
    Igual de emocionante esitivo o desenlace nos Máster-40. Sete segundos separaron ao vencedor Guillermo Álvarez (Fornelos) de Xacob Agra (Óscar Pereiro). Quince segundos máis tarde rematou Juan José Saborido (Compostelano), terceiro clasificado, nunha carreira na que os sete primeiros concluíron en menos dun minuto.

    Por último, tamén houbo que agardar ata os metros finais para coñecer ao campión Máster-50/60. Marcial Rodríguez (Québici-Marcisport) impúxose por oito segundos a Javier de la Fuente (Betanzos) e por 23” a Enrique Vázquez (Monte Xalo).
    Unha vez completado o calendario autonómico, a seguinte cita serán os Campionatos de España de Ciclocross, que dende o vindeiro venres 6 de xaneiro ata o domingo día 8 se celebrarán en Valencia. A Selección de Galicia estará representada por unha vintena de corredores na loita polos títulos estatais.

    43

    RelacionadosArtículos

    Una viguesa, al frente de las finanzas en España de la popular compañía sueca Ikea
    Economía

    Una viguesa, al frente de las finanzas en España de la popular compañía sueca Ikea

    09 de Feb, 2026
    Vigo decreta cierres preventivos y restricción de accesos ante la llegada de Leonardo
    Actualidad

    No hay tregua: alerta naranja por lluvias, esperando acumulados superiores a los 80 litros/m2

    09 de Feb, 2026
    El furor por los automóviles chinos no tiene techo: en apenas dos años triplican su presencia en Vigo
    Motor

    El furor por los automóviles chinos no tiene techo: en apenas dos años triplican su presencia en Vigo

    09 de Feb, 2026
    Gran Vía de Vigo se especializa en moda masculina con el desembarco de Núñez de Arenas
    Local

    Gran Vía de Vigo se especializa en moda masculina con el desembarco de Núñez de Arenas

    09 de Feb, 2026
    Vigo inicia un nuevo desarrollo urbanístico con zona comercial, espacios verdes y viviendas
    Local

    Vigo inicia un nuevo desarrollo urbanístico con zona comercial, espacios verdes y viviendas

    09 de Feb, 2026
    El fenómeno mundial que aterriza en el Galicia Fest para una noche de ‘flow’ irrepetible
    Música

    El fenómeno mundial que aterriza en el Galicia Fest para una noche de ‘flow’ irrepetible

    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR