• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 8 de febrero de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • A EpicRace percorrerá 18 concellos e 97 comunidades de montes da provincia de Pontevedra

    A gran cita galega da ultrarresistencia en bicicleta de montaña celebrarase a fin de semana do 4 e 5 de xuño con 300 ciclistas
    Redacción por Redacción
    26 de May, 2022
    en Ciclismo
    0
    A EpicRace percorrerá 18 concellos e 97 comunidades de montes da provincia de Pontevedra
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A sexta edición da EpicRace, a proba de ultrarresistencia sobre bicicleta todo terreo máis prestixiosa de Galicia, volve durante a próxima fin de semana do 4 e 5 de xuño. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou este xoves o evento acompañada de Josevi Cimadevila, director da empresa organizadora (Global DXT) e representantes dos sete concellos nos que se sitúan as “estacións de paso”: Agustín Fernández, tenente de alcalde e concelleiro de Deportes de Pontevedra; Carlos Viéitez, alcalde de Meaño; Ricardo Martínez, alcalde de Portas; José Cela, alcalde de Moraña, David Vidal, concelleiro de Deportes da Lama; José Luis Fernández, alcalde en funcións de Mondariz e Olga García, concelleira de Redondela. A proba, non obstante, transcorre por un total de 18 municipios.

    Os xardíns do palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, acolleron unha presentación na que quedou claro que a EpicRace é un “escaparate da provincia” e o máximo expoñente do “turismo activo” que a Deputación quere promover no marco dunha estratexia provincial que se resume na campaña “Love Rías Baixas”, motivo polo que a presidenta provincial, Carmela Silva, invitou a tódalas/os participantes a “namorarse desta provincia”, cousa que deu por feita, porque “quen vén a EpicRace, repite”.

    A presidenta amosouse encantada da imaxe da Deputación, patrocinador principal, acompañada por concellos de toda a provincia. Administracións públicas traballando man con man coa organización e patrocinadores privados nun exemplo de cooperación: “xuntos somos máis fortes!”, recalcou. Carmela Silva cualificou como “unha gran decisión” o nacemento da EpicRace hai xa seis anos, unha proba “que crece e seguirá crecendo, que responde a un modelo de deporte activo, vinculado ao territorio, e que revelouse como unha oportunidade única de coñecer paisaxes moi fermosas, lugares aos que só se pode chegar a pé ou en bici”.

    A titular da Deputación definiu este reto deportivo como “unha aposta polo interior da provincia, polo rural, onde temos unha beleza natural extraordinaria e lugares de postal, pero tamén pola nosa gastronomía con produto de proximidade, polo patrimonio arqueolóxico e arquitectónico e tamén pola nosa xente, que é absolutamente hospitalaria e recibe sempre aos visitantes cos brazos abertos”. E, engadiu, unha aposta polas Rías Baixas, “onde están as mellores rías do mundo, como dixo Pardo Bazán”. Todo elo incardinado nun modelo de provincia no que, recalcou, conxúganse “deporte, turismo, territorio, valores e a nosa autenticidade”.

    Agustín Fernández, tenente de alcalde pontevedrés subliñou a forza de Pontevedra como cidade do deporte e subliñou que probas como a EpicRace serven para amosar “tesouros da nosa provincia”. Carlos Viéitez, alcalde meañés, saudou ao primeiro paso da proba polo seu concello, onde se gozará da Ruta dos Muíños. Ricardo Martínez, rexedor de Portas, aplaudiu a escolla de paisaxes do rural como Os Pazos. José Cela, alcalde Moraña, destacou a “veteranía” do seu concello, que repite, e a promoción que supón para a Festa do Carneiro ao Espeto. David Vidal, concelleiro da Lama, falou da oportunidade de achegarse ás fervenzas de Liñares e ás Ermidas. José Luis Fernández, alcalde en funcións de Mondariz, recordou que no seu concello están “as mellores augas” e un balneario “para recuperar forzas”. Finalmente, Olga García, concelleira redondelá expresou a satisfacción polo paso nocturno pola zona vella e desexou sorte a tódalas/os “choqueiras/os” inscritas/os.

    300 ciclistas, un 20% deles portugueses

    Un total de 300 ciclistas (preto dun 20% deles portugueses), que reforzarán a ocupación hoteleira durante a primeira fin de semana de xuño, tomarán a saída para enfrontarse ao reto da gran distancia (300 Km ou 200 Km) e a pendente acumulada (8.500 metros ou 5.500 metros), tanto nas modalidades individuais como por equipos. O percorrido transcorre, “despois de moitas horas de traballo”, como remarcou Carmela Silva, polo territorio de 97 comunidades de montes ao longo de 18 concellos da provincia, dos que sete acollen as “estacións de paso” para cronometraxe e avituallamento. Nos seis anos de celebración da “Epic”, son xa preto de 1.400 persoas as que teñen participado no evento.

    A carreira, nas súas dúas distancias, ten formato “non stop” e tempos límite de 28 horas e 19 horas respectivamente para completala. Hai categorías masculinas e femininas tanto en individual como en parellas e tamén nos equipos, que poden ser de ata tres ciclistas. A proba está dividida en 7 etapas coa estación de paso ao remate de cada unha: Pontevedra-Meaño, Meaño-Portas, Portas-Moraña, Moraña-A Lama, A Lama-Mondariz, Mondariz-Redondela e, finalmente, Redondela-Pontevedra, que serven para realizar os avituallamentos e facer os controis de paso cos xeolocalizadores. No caso dos equipos serven para a entrega da testemuña. O percorrido non está sinalizado, polo que faise con navegación GPS. A meta e chegada está na avenida de Montero Ríos pontevedresa, fronte ao Pazo Provincial.

    Tags: CiclismoDeputación de Pontevedraepic race

    RelacionadosArtículos

    El Vigo-Rías Baixas abre la temporada con un podio en Portugal
    Ciclismo

    El Vigo-Rías Baixas abre la temporada con un podio en Portugal

    06 de Feb, 2023
    El Vigo-Rías Baixas estrena temporada en Portugal junto a equipos profesionales
    Ciclismo

    El Vigo-Rías Baixas estrena temporada en Portugal junto a equipos profesionales

    03 de Feb, 2023
    Deputación de Pontevedra y Asime impulsan la ‘Tecnolóxicas Week’ para fomentar vocaciones entre alumnas
    Economía

    Deputación de Pontevedra y Asime impulsan la ‘Tecnolóxicas Week’ para fomentar vocaciones entre alumnas

    31 de Ene, 2023
    La Deputación de Pontevedra abre el plazo para ir a los campamentos de verano DepoAventura en A Lanzada
    Galicia

    La Deputación de Pontevedra abre el plazo para ir a los campamentos de verano DepoAventura en A Lanzada

    30 de Ene, 2023
    El Vigo-Rías Baixas se concentra en Baiona
    Ciclismo

    El Vigo-Rías Baixas se concentra en Baiona

    27 de Ene, 2023
    Rosa García e Alberto Pena amosan en Vigo as súas visións artísticas centradas na natureza e os espazos habitados
    Arte

    Rosa García e Alberto Pena amosan en Vigo as súas visións artísticas centradas na natureza e os espazos habitados

    26 de Ene, 2023

    Más Vistos

    Acuerdo para humanizar 7,4 kilómetros de frente portuario de Vigo con un paseo y carril bici

    Adiós al último giro a la izquierda en la Avenida de Beiramar de Vigo

    por Redacción
    03 de Feb, 2023
    0

    Abre en Vigo una tienda de moda japonesa kawaii que organiza ‘Maid café’ y eventos: “No son disfraces”

    Abre en Vigo una tienda de moda japonesa kawaii que organiza ‘Maid café’ y eventos: “No son disfraces”

    por Raquel F. Novoa
    04 de Feb, 2023
    0

    La nueva Rúa do Talude

    La nueva Rúa do Talude

    por Julio Alonso
    06 de Feb, 2023
    0

    Luz verde al lavado de cara del entorno de Balaídos, con nueva explanada y ‘photocall’

    Luz verde al lavado de cara del entorno de Balaídos, con nueva explanada y ‘photocall’

    por Redacción
    01 de Feb, 2023
    0

    Carlos Blanco y Touriñán abren en Vigo una nueva gira de su espectáculo ‘Somos Criminais 3’

    por Redacción
    07 de Feb, 2023
    0
    Carlos Blanco y Touriñán abren en Vigo una nueva gira de su espectáculo ‘Somos Criminais 3’
    Espectáculos

    Carlos Blanco y Xosé A. Touriñán retoman su espectáculo ‘Somos Criminais 3’, que cosechó un gran éxito de público hace

    Leer mas

    JD Sports desembarca en el Centro Comercial Gran Vía de Vigo con su local más grande de la provincia

    por Redacción
    07 de Feb, 2023
    0
    JD Sports desembarca en el Centro Comercial Gran Vía de Vigo con su local más grande de la provincia
    Local

    El Centro Comercial Gran Vía de Vigo contará de forma inminente con una de las marcas de ropa y calzado

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR