Os gardaredes foron os primeiros en saltar ó céspede con Carlos Kisluk ó mando. Queceron durante algúns minutos e, a continuación, realizaron unha serie de exercicios específicos para o seu posto. Tiveron que saltar, pasar barras, sortear arcos e estirarse cara os dous lados de xeito continúo. Cada pouco tempo o técnico mudaba o exercicio e os dous porterios tiñan que aprender unha nova rutina con toda celeridade. Algúns exercicios contiñan ata catro paradas e, entre elas, estaba obrigados a levantarse a toda velocidade.
O final do traballo específico rematou cun exercicio no que Sergio Álvarez e Iván Villar saltaron por enriba dunha goma que marcaba a altura que tiñan que superar. Pero non finalizou aí o adestramento. Despois tiveron que poñerse debaixo do longueiro para tratar de atallar os continuos disparos procedentes dos xogadores de campo do Celta porque Berizzo e o seu equipo deseñou un traballo con accións de ataque e continuos disparos. Sesión de moito traballo para os porteiros do Celta sobre o céspede da Madroa porque ó derbi tamén pode gañarse dende as mallas.