Sen ir máis lonxe, o centrocampista compartiu este 17 de maio unha mensaxe en galego con todos os seus seguidores. E, ademais, co gallo do Día das Letras Galegas, a canle oficial do club vigués xuntou ao centrocampista co porteiro Sergio Álvarez, recoñecido defensor do idioma, para facer unha gravación especial. Entre risas e moita complicidade, o meta de Catoira someteu a Beltrán a un test de coñecemento da lingua, aínda que algo difícil para un estudante novel, con palabras como luscofusco, luvas, padiola ou bolboreta.
O madrileño respondeu ao que puido, pero Sergio deulle un “aprobado raspado”. O que quedou claro é que o futbolista procedente do Rayo Vallecano está a preocuparse de coñecer o galego e que seguirá estudiando para superar a súa nota no seguinte exame.
«Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña» Feliz día das letras galegas, tedes que estar moi orgullosos do voso ? #LetrasGalegas19 pic.twitter.com/hTfToICiTE— Fran Beltrán. (@franbeltran__) 17 de mayo de 2019