As probas realizaranse no Instituto Universitario de Microgravidade da Universidade Politécnica de Madrid onde a maqueta coa estrutura completa do estadio será sometida á simulación de diferentes ventos para comprobar a súa resistencia.
.As probas realizaranse no Instituto Universitario de Microgravidade da Universidade Politécnica de Madrid onde está o «grande túnel de vento de España». Nel introdúcese a maqueta coa estrutura real completa do novo estadio, na que se colocaron uns sensores en diferentes ámbitos da cuberta e simúlanse ventos de distintas velocidades, direccións, racheados e permanentes para que ao longo dos dous días que durarán as probas, se poida medir a resistencia da cuberta.
Caballero apuntou que con este procedemento, o Concello segue adiante coa obra de Río, que continúa «a boa marcha».