O goberno vigués sinalou nun comunicado que engalanará a cidade con motivos celestes, con paneis informativos para a ocasión, colocando banderolas celestes nas rúas e tamén no transporte público, e vestindo ao Sireno e ao Dinoseto coa camiseta do Celta. «O Concello de Vigo desexa así apoiar ao celtismo na súa histórica eliminatoria ante o Manchester United, contra quen se xogará o pase á final da UEFA Europa League», apuntan no comunicado dende Praza do Rei.