«Atopámonos que dadas as esixencias de iluminación para as retransmisións deportivas agora é necesario un investimento extra de dous millóns de euros, a consecuencia da desaparición da cuberta de tribuna, tamén desapareceron os focos alí ubicados, o que tamén demostra a improvisación continua e a golpe de titular que guía ao Goberno Municipal», indicou Xosé Lois Jácome, concelleiro da Marea.
O grupo municipal solicita que tendo en conta que a iluminación do estadio é esixencia da UEFA para as retransmisións deportivas e que os dereitos televisivos proporcionarán ao club durante esta tempada máis de 53 millóns de euros, «se deixe de facer puro electoralismo dende o Concello asumindo un sobrecusto de 2 millóns nunha instalación que para máis delito é temporal».
A Marea tamén considera que, dentro do necesario marco de colaboración co club «é urxente repensar os investimentos públicos sen fin que estanse a dar nunha empresa privada que obtén beneficios ano tras ano».
«Dende o momento en que empezaron as previsións de investimento para a remodelación do estadio de Balaidos, a Marea de Vigo xa expresou que a participación da sociedade anónima deportiva era insuficiente tendo unha participación case simbólica nun investimento de 30 millóns de euros, cando a sociedade pechara o exercicio anterior cuns beneficios de 15 millóns e na presentación das previsións para este ano 2016 plantexan beneficios de 3.5 millóns», apunta Jácome.