16092019Lun
Última edición: Lun, 16 Sep 2019 10am

CLÍNIC

A Fundación Celta organiza un clínic de Semana Santa a 20 euros

As actividades realizáranse en Vigo, Cambados, Chapela e Dodro con horario de 10:00 a 14:00 horas

03 Marzo 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
A Fundación Celta organiza clínics de Semana Santa en catro campos./Foto: FundacionCelta A Fundación Celta organiza clínics de Semana Santa en catro campos./Foto: FundacionCelta

A Fundación Celta organiza clínic de fútbol en Semana Santa cun prezo de 20 euros nas localidades de Vigo, Cambados, Chapela e Dodro.

A actividade vai dirixida ós nenos de entre 6 e 14 anos e as inscricións realizáranse a través da web da Fundación Celta. Tras o éxito de participación na edición de Nadal, con máis de 500 nenos e nenas inscritos, a entidade celeste ofrece de novo a oportunidade aos máis novos de gozar de varias xornadas de adestramento e diversión repartidas en diversas sedes.

O obxectivo destas actividades é desenvolver e mellorar as capacidades específicas do fútbol (técnicas, tácticas, condicionais, coordinativas) así como potenciar habilidades individuais, colectivas e fomentar o traballo en equipo. Todo iso desde un punto de vista lúdico, primando o entretemento e a diversión que conforman, xunto á formación en valores, os elementos fundamentais da filosofía que defende e promove a Fundación Celta de Vigo en todas as súas actividades.

O horario é sempre de 10:00 a 14:00 horas e as datas son os seguintes: Vigo (21 ou 22 de marzo), Cambados (21), Chapela (22) e Dodro (23). 

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

sucesos

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído