17072019Mié
Última edición: Mar, 16 Jul 2019 11pm

O divertido test do Celta a Fran Beltrán polo Día das Letras Galegas

Co gallo do Día Das Letras Galegas, o centrocampista someteuse ás preguntas do porteiro Sergio Álvarez para coñecer o seu nivel do idioma, que está a aprender desde que chegou a Vigo

17 Mayo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Sergio e Beltrán, durante a proba. Sergio e Beltrán, durante a proba.

Unha das cousas que máis chamou a atención de Fran Beltrán á súa chegada a Vigo foi a súa implicación coa cultura local y, máis concretamente, co galego. Desde o principio, o xogador, nacido en Madrid e afincado en Seseña (Toledo), amosou o seu interese por coñecer a lingua e expresarse nela. Ata o punto de estudiala activamente.

Sen ir máis lonxe, o centrocampista compartiu este 17 de maio unha mensaxe en galego con todos os seus seguidores. E, ademais, co gallo do Día das Letras Galegas, a canle oficial do club vigués xuntou ao centrocampista co porteiro Sergio Álvarez, recoñecido defensor do idioma, para facer unha gravación especial. Entre risas e moita complicidade, o meta de Catoira someteu a Beltrán a un test de coñecemento da lingua, aínda que algo difícil para un estudante novel, con palabras como luscofusco, luvas, padiola ou bolboreta.

O madrileño respondeu ao que puido, pero Sergio deulle un “aprobado raspado”. O que quedou claro é que o futbolista procedente do Rayo Vallecano está a preocuparse de coñecer o galego e que seguirá estudiando para superar a súa nota no seguinte exame.


Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

turismo

  • Últimas noticias

  • Más leído