22072019Lun
Última edición: Dom, 21 Jul 2019 2pm

A Deputación de Pontevedra aproba o convenio para reformar a bancada de Marcador

A institución provincial da o seu visto e prace a unha inversión conxunta co Concello de Vigo na que aportará 6,9 millóns de euros, a metade dos cartos necesarios

30 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Caballero, Silva e varios concelleiros, o pasado mes de febreiro en Balaídos. / Foto: VIGOÉ Caballero, Silva e varios concelleiros, o pasado mes de febreiro en Balaídos. / Foto: VIGOÉ

A Deputación de Pontevedra aprobou este martes a mellora para a adecuación financeira dos convenios co Concello de Vigo que regulan a posta en marcha de catro das obras máis importantes que se están a facer na cidade, e nas que a institución provincial inviste 17,7 millóns de euros. Un deles é a mellora do convenio co Concello de Vigo para as obras da grada de Marcador, en Balaídos, á que a institución que goberna Carmela Silva destinará 6,9 millóns.

Trátase da metade dos cartos que farán falta para a reforma, presupostada en 13,8 millóns, e que comezará o último trimestre de 2019. Está previsto que o proxecto sexa licitado en xuño.

A actuación permitirá achegar as butacas a 8,5 metros do terreo de xogo e gañar 1.000 localidades. Ademais, os fondos terán a mesma altura que Río e Tribuna, co que se creará un anel circular polo que os seareiros que o precisen –pensando principalmente en persoas con discapacidade- poderán moverse dunha grada a outra. Isto débese a que tanto Marcador como Gol disporán cada unha de oito novos ascensores para facer o estadio máis accesible. Igualmente, a cuberta dos fondos adentrarase no campo ata o final da área grande.

Unha vez que conclúan os traballos en Marcador procederase a demoler Gol, xa que non resulta viable acometer as obras de xeito simultáneo polos problemas que implicaría ao club e os afeccionados.

Outros convenios
Ademais, a institución provincial aprobou o convenio para as obras da vía ciclista Teis-Samil por 3.537.000 euros e a cesión da estrada provincial e humanización de Gran Vía-Avenida de Madrid-Emilia Pardo Bazán, polo que a Deputación de Pontevedra inviste 1.800.000 euros.

Finalmente, deuse o visto e prace á renovación das instalacións de céspede sintético en campos municipais (Navia, Bouzas, Meixueiro, Bouza, Sárdoma-Moledo, A Guía e Candeán); a remodelación e substitución dos pavimentos das pistas deportivas da grada de Río en Balaídos, remodelación e substitución dos pavimentos das pistas polideportivas, mellora das seis pistas de pádel e da recta multiusos.

Neste convenio, na que a institución provincial inviste 5.520.897 euros, tamén se contempla a construción do novo pavillón deportivo cuberto e instalacións complementarias en Romil e o novo pavillón cuberto de Quirós

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído