19082019Lun
Última edición: Lun, 19 Ago 2019 2pm

Vitrasa tamén porá lanzadeiras dende A Laxe ata Balaidos para os seareiros do Celta

A concesionaria anunciou este mércores que ofrecerá este servizo con frecuencias de 15 minutos entre as 15.30 e as 17.30 horas

27 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un Vitrasa polo centro de Vigo. / Foto: Arquivo Un Vitrasa polo centro de Vigo. / Foto: Arquivo

Vitrasa tamén porá en marcha este sábado lanzadeiras directas dende A Laxe ao estadio de Balaídos co obxectivo de facilitar os desprazamentos dos seguidores celestes que estean gozando da Festa da Reconquista no Casco Vello e queiran asistir ao partido entre o Celta e o Villarreal.

Este servizo, que se une ao que proporcionará de balde o propio club vigués, contará cunha frecuencia de 15 minutos, con saídas dende as 15:30 ata as 17:30 horas, e terá o prezo habitual por traxecto. Ademais, a concesionaria do autobús urbano lembra que por A Laxe tamén circulan tres liñas susceptibles de ser empregadas tamén polos afeccionados:

  • L5A - Frecuencia de 30 minutos. Punto más próximo ao estadio de Balaídos: Cruce Avda. Florida con Manuel de Castro.
  • L8 - Frecuencia de 60 minutos. Punto más próximo ao estadio de Balaídos: estadio de Balaídos.
  • L17 - Frecuencia de 60 minutos. Punto más próximo ao estadio de Balaídos: Cruce Avda. Castrelos con Avda. Balaídos.

Ao finalizar o encontro establecerase o habitual servizo de ‘Lanzadeiras Fútbol’, que facilitan os desprazamentos cara o centro da cidade, co obxectivo de que os seguidores poidan seguir gozando da Festa da Reconquista.

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

Ms Lauryn Hill - 2%
Leiva - 9.9%
Tom Jones - 8.4%
Fangoria - 2%
Rick Astley - 5.8%
Roger Hodgson - 5.3%
30 Seconds to Mars - 26.6%
Vetusta Morla - 26.4%
David Bisbal - 11.7%
La votacion ya ha finalizado en: Agosto 19, 2019

sucesos

tráfico

el vigo de otra época

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído