24032019Dom
Última edición: Sáb, 23 Mar 2019 10pm

A Federación de Peñas do Celta critica ao Concello por “acusar” de “mentireiros” aos seareiros

O organismo que aglutina aos peñistas do equipo vigués emitiu este mércores un comunicado defendendo as denuncias dos afeccionados

13 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Trabajos de mantenimiento en la grada de Marcador. / Foto: Archivo Trabajos de mantenimiento en la grada de Marcador. / Foto: Archivo

A Federación de Peñas Celtistas emitiu este mércores un comunicado para rexeitar a nota de prensa enviada o pasado luns polo Concello de Vigo, na que se nega que haxa relación entre os cascotes amosados por seareiros nas redes sociais e os materiais existentes na grada de Marcador do estadio de Balaídos.

A Federación considera que o Concello está a chamar “mentireiros” aos afeccionados e peñistas que denunciaron unha caída de cascotes durante o partido do pasado domingo entre o Celta e o Betis. Así, esíxenlle aos responsables municipais que non os inclúan en “tramas políticas interesadas” e que poñan da súa parte para arranxar os problemas de seguridade que implica o mal estado da estrutura de varias gradas de Balaídos.

“As Peñas do RC Celta, así como a meirande parte dos seus seareiros, non somos entes políticos, nin temos afán de entrar en disputas de despachos e gobernos. Somos xente normal que aproveitamos o noso tempo de lecer para desfrutar da nosa paixón”, sinalan dende a Federación que agrupa as peñas celestes, que lamenta que se poña en dúbida “de forma clara” a intencionalidade dos afeccionados.

Por iso, rexeitan as argumentacións expostas polo Concello de Vigo despois da denuncia de varias peñas e peñistas de que durante o encontro do pasado domingo “caeron varios cascotes na grada de Marcador, que estiveron a piques de impactar nun seareiro e de provocar graves problemas de seguridade”.

“Non aceptamos vernos implicados en argumentacións e comunicados onde se insinúa que mentimos”, sinalan dende a Federación, que só lles pide aos responsables municipais poder vivir a súa paixón “ao máximo e coas  máis altas garantías de seguridade”.

Así, a agrupación de peñistas solicita de novo ao Concello de Vigo, como responsable do estadio de Balaídos, que realice os traballos precisos para garantir a seguridade dos afeccionados das bancadas de Gol e de Marcador, sobre todo desta última, onde “se están a rexistrar os problemas estruturais más graves”. “A única forma de solucionar este asunto é xuntos, traballando por un mesmo fin e comunicándose entre todas as partes implicadas”, sinalan dende a Federación.








Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

medio ambiente

sanidad

música

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído