Imprimir esta página

A sede do Celta celebra o seu aniversario con realidade virtual, música, sorteos e partido en directo

O céntrico edificio encherase de simuladores, fútbol con robots, pintacaras e unha invitación para todos os que acudan coa camiseta do equipo

12 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
A sede do Celta, na súa inauguración. A sede do Celta, na súa inauguración.

A sede do Celta cumpre o seu primeiro aniversario e o festexa cun evento aberto a tódolos públicos que organizará nas súas instalacións da rúa Príncipe o vindeiro sábado día 16 de marzo.

A xornada comezará ás 10:30 horas con actividades dirixidas a nenos de diferentes idades no Salón Regio do edificio. Os asistentes terán a súa disposición unha zona de videoxogos con consolas de varios tipos e de realidade virtual composta por simuladores de condución, máquinas de baile e fútbol con robots, por primeira vez en Vigo. Ademais, haberá outro espazo con pintacaras e ludoteca para os máis cativos. Estará aberto de 10:30 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas.

No andar baixo do edificio, onde se atopa a tenda da sede, terá lugar a partir das 12:30 horas unha sesión vermú dinamizada polo grupo La Chata Soul, que ofrecerá un concerto acústico en directo para os asistentes.

A partir das 14:00 horas todos os asistentes que acudan coa camiseta do Celta serán agasallados cunha tapa especial coa consumición e os que xanten na cafetería poderán participar nun sorteo de equipacións, balóns asinados e vales para o Restaurante Silabario, Clínica Celta e a tenda multimarca de A Sede que terá lugar pola tarde.

A festa retomarase a partir das 15:00 horas, momento no que comezará a sesión dos Djs vigueses Dúo Estático. Acto seguido, as 16:15 horas retransmitirase o partido Real Madrid-Celta en pantalla xigante e videowall tanto na planta baixa como no Salón Regio.

O público terá a súa disposición durante todo o evento varias zonas de comida e bebida que contarán con promocións especiais con motivo do aniversario. Así mesmo, convidarase a un anaco de torta aos presentes.

1 comentario

  • Bibi Miércoles, 13 Marzo 2019 07:29 publicado por Bibi Enlace al Comentario

    Que hay que festejar ?? Que Mouriño tiene más dinero ?