24052019Vie
Última edición: Vie, 24 May 2019 11pm

Convocan unha nova protesta contra o centro comercial do Celta en Mos

A Comunidade de Montes de Tameiga e as catro comunidades de auga afectadas chaman a unha concentración o vindeiro venres para esixir a retirada da modificación do PXOM que dá vía libre ao proxecto

15 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Recreación de la futura ciudad deportiva del Celta. Recreación de la futura ciudad deportiva del Celta.

Os representantes das comunidades de usuarios de auga de Casal-Tameiga, Monte Baxiña, Sanguiñeda e Petelos-Tameiga, xunto a Comunidade de Montes Veciñais en man común de Tameiga convocaron este venres unha concentración de protesta para o vindeiro 22 de febreiro na Praza do Concello de Mos co obxectivo de esixir “a retirada da modificación puntual número 1 do PXOM que daría vía libre” ao proxecto do centro comercial do Celta.

Os veciños afectados pola posible expropiación de terreos lembran que esta demanda está apoiada por todos os grupos políticos da oposición e que o traballo de autoxestión que levan a acabo os comuneiros “para subministrar este ben de primeira necesidade, que co seu esforzo coidan das captacións de auga e dos montes nos que se atopan estas captacións, sería en balde sen a conservación dos nosos montes”. “Sen monte non hai auga, sen monte non hai vida”, engaden.

Por iso, ante a “insistencia” do Goberno local veñen de facer un chamamento á cidadanía para participar nese acto de protesta. Segundo consideran, os plan de Carlos Mouriño “sería unha lousa de formigón sobre os montes de Tameiga, afectaría moi negativamente á cantidade e calidade da auga recollida nas captacións, á calidade de vida de toda a veciñanza, ao caos circulatorio polas deficientes estradas da parroquia, á saturación dos precarios servizos de saneamento e un longo etcétera, poñendo así en perigo a subministración de auga ás miles de familias que conformamos as comunidades damnificadas”.

Segundo informa a Comunidade de Montes de Tameiga, a concentración desenvolverase baixo o lema “Non á modificación do PXOM para expropiar o monte e a auga”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

televisión

obras

vigo en festas

  • Últimas noticias

  • Más leído