19062019Mié
Última edición: Mié, 19 Jun 2019 2pm

O BNG reclama que se faga público o informe de seguridade da bancada de Marcador

A formación nacionalista demanda que se “poña por diante a total seguridade para a integridade física das persoas”

16 Diciembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Danos da bancada de Marcador. / Foto: @AlexCostasVila Danos da bancada de Marcador. / Foto: @AlexCostasVila

O BNG de Vigo amosa a súa “enorme preocupación” diante das imaxes do mal estado de mantemento e conservación da grada de Marcador do estadio municipal de Balaídos, e que transcenderon publicamente nas últimas horas. Neste sentido, o Bloque urxe o Goberno municipal a “garantir a plena seguridade” no estadio.

O candidato do BNG á alcaldía, Xabier P. Igrexas, demanda ao Goberno municipal que faga público o informe de seguridade realizado por un especialista, segundo declaracións públicas do propio alcalde, hai dúas semanas na grada afectada. Nunha instancia dirixida ao alcalde, e que foi formalmente presentada este domingo a través do rexistro telemático do Concello de Vigo, Pérez Igrexas demanda ademais que informe de cal é o plan de actuacións e os prazos para acometer as reparacións. “A afección, en primeiro lugar, pero o conxunto das veciñanza de Vigo temos dereito a saber cal é a situación real dunha instalación pública á que acceden millares de persoas”, afirmou.

Igrexas demandou que se “poña por diante a total seguridade e plenas garantías para a integridade física das persoas”. “Cando falamos da seguridade non nos podemos permitir a máis mínima marxe de risco”, acrecentou. Emporiso, o candidato nacionalista insta o Concello a efectivizar “de inmediato” todas as reparacións que sexan necesarias. Aliás, lamentou que desde a administración municipal non se teñan atendido as demandas e advertencias que se lle formularon por parte da Federación de Peñas do Celta.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

obras

festival

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído