12122018Mié
Última edición: Mié, 12 Dic 2018 9am

O PP non contempla expropiar monte en Tameiga para o centro comercial do Celta

O grupo ‘popular’ rexeitou no Parlamento a paralización urbanística do proxecto malia a iniciativa do BNG, que ve “máis de 30 razóns para botalo abaixo”

22 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Zona de monte en Tameiga. Zona de monte en Tameiga.

Os votos do PPdeG impediron que saíra adiante a iniciativa do BNG para paralizar a modificación urbanística que se prevé facer para que o Celta poida construír o seu centro comercial vinculado á cidade deportiva de Mos. O deputado nacionalista Luís Bará presentou no Parlamento Galego unha proposta contra os plans do Concello de Mos en Tameiga, nunha sesión á que asistiron representantes da comunidades de montes desta parroquia.

Bará, que ve “máis de 30 razóns para botar abaixo o proxecto”, advertiu de que o Celta “quere apropiarse do monte para facer negocios”. Na súa intervención, pediu explicacións á Xunta polo procedemento para sacar adiante o proxecto, xa que “primeiro se realizou o anuncio e despois púxose en marcha a maquinaria política para perpetrar as expropiacións”.

Desde a tribuna, o deputado do BNG insistiu en que detrás deste proxecto están “os grandes grupos internacionais que levan anos sobrevoando como voitres a zona de Vigo” e indicou que hoxe o Celta ten un propietario, “pero no futuro pode ser propiedade dun fondo de investimento catarí ou dun fondo chinés”.

Na súa resposta, o deputado do PPdeG Alberto Pazos cualificou de “actuación urbanística absolutamente normal” a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que dará cabida ao centro comercial e asegurou que o seu partido non contempla a expropiación como opción para obter os terreos necesarios.

Neste sentido, o deputado comprometeu que o Concello de Mos “non considera a expropiación forzosa dos terreos unha ferramenta válida” e avogou polo “consenso” como única vía posible. Igualmente, acusou á oposición de “ocultar que o Celta de Vigo oferta unha permuta de 360.000 metros cadrados de monte reforestado polos 180.000 metros cadrados de monte común que precisa para o seu proxecto”.

Pazos mantivo que o proxecto “só será posible se cumpre todos os requisitos legais” e criticou o “cinismo dos socialistas ao sinalar que esta infraestrutura atacará ao pequeno comercio de Vigo, cando desde o Concello vigués autorizaron grandes superficies comerciais como Vialia, Valadares, Recaré ou a futura de Porto Cabral”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

navidad

peajes

acordo

comarcas

  • Últimas noticias

  • Más leído