20112019Mié
Última edición: Mié, 20 Nov 2019 9pm

"Unhas cores, un sentimento": así é o videoclip dun himno para o celtismo

Xa está dispoñible a gravación realizada o pasado mes de marzo en Balaídos para o tema do grupo Keltoi!, toda unha declaración de amor ao Celta e á súa afección

28 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un fotograma do videoclip. Un fotograma do videoclip.

O pasado venres estreouse nun acto na Asociación de Veciños Val do Fragoso e desde esta fin de semana xa está dispoñible en Youtube. Así é o videoclip de " Unhas cores, un sentimento", o tema do grupo Keltoi! que xa é todo un himno para o celtismo.

Na gravación deste videoclip colaboraron un bo número de peñas celtistas, xa que os seus integrantes achegáronse o pasado mes de marzo a Balaídos para participar de público no mesmo.

O videoclip, que está dirixido por Xabier Jácome e Martín Fiallega e é unha produción de Likor Kafé Films e Brinco, conta a historia dun ancián que lembra a súa infancia sempre unida ao Celta e que lle transmite á súa neta a súa paixón polo equipo celeste.

Na cinta tamén se rende homenaxe á xente do mar e aos traballadores do metal, dúas industrias intimamente ligadas a Vigo e, por tanto, tamén ao Real Club Celta.

Ademais, conta cunha serie de colaboracións especiais. Unha delas, dun personaxe moi popular en Vigo que sempre pegado ao seu transistor anuncia aos catro ventos os resultados do fútbol nas rúas do centro da cidade. A outra, de tres lendas do celtismo: Vlado Gudelj, Javier Maté e Rodilla.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

virales

comercio

  • Últimas noticias

  • Más leído