21082018Mar
Última edición: Mar, 21 Ago 2018 12pm

O BNG de Mos reprocha ao Celta que “puxera o carro antes dos bois” cos terreos da cidade deportiva

A formación nacionalista fai un chamamento ao “sentidiño” para que se deixen de facer actos de apoio ao proxecto mentres non se teña o solo garantido

12 Julio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Monte comunal en Tameiga. / Foto: Wikiloc Monte comunal en Tameiga. / Foto: Wikiloc

O BNG de Mos mostrou este xoves a súa opinión no relativo á cidade deportiva e centro comercial que o Celta quere construír na localidade da Louriña e, neste sentido, reprochou ao club vigués que “vendera a pel do oso antes de cazalo” e “puxera o carro antes dos bois” por dar como feito o proxecto sen dispoñer dos terreos.

“Iso é comezar a casa polo tellado e o que fas é ningunear aos donos dos terreos que parecen non pintar nada na cuestión, cando son unha parte imprescindible se queren facer algo”, indicen na formación nacionalista, que lembra que o Celta é “unha empresa privada máis” que quere trasladar unhas instalacións propias dende Vigo a Mos, como moitas firmas, pero coa diferenza de que non se muda a unha “zona habilitada” como pode ser un polígono industrial. “Se así fose, non habería ningún tipo de problema”, salientan.

O BNG emitiu un comunicado para facer un chamamento ao “sentidiño” e que se deixen de facer actos de apoio ao proxecto como o que se desenvolverá este venres no Multiusos das Pozas (20.00 horas) mentres non se teñan os terreos. Igualmente, pediron respectar as decisións que as asembleas das distintas comunidades de montes e augas poidan tomar.

Con todo, o partido aínda non se posiciona sobre a conveniencia ou non da construción do proxecto, xa que primeiro quere que sexan os axentes directamente implicados os que se entendan, quedando ao marxe os partidos políticos para non interferir. Por iso, convidou a todas as partes a sentarse e a falar para chegar a un entendemento.

Cando remate este proceso e tras recoller a información das comunidades, o BNG prevé convocar unha asemblea para votar a postura que tomarán, aínda que “ante o que a nosa militancia nos transmite, vemos case imposible que poidamos apoiar o proxecto”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

maltrato animal

deportes

sanidade

  • Últimas noticias

  • Más leído