18062018Lun
Última edición: Lun, 18 Jun 2018 8pm

Cidade Deportiva

A Comunidade de Montes de Tameiga di que non pode vender ao Celta os terreos para a súa Cidade Deportiva

O club celeste non está disposto a arrendar as párcelas nin a iniciar o proceso de expropiación e a comunidade non está de acordo coa proposta realizada para unha permuta

12 Enero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Infografía da Cidade Deportiva proxectada. Infografía da Cidade Deportiva proxectada.

Complícase o futuro da Cidade Deportiva do Celta en Mos. A Comunidade de Montes de Tameiga, unha das parroquias na que está previsto que se asente este proxecto, mantivo unha reunión cos dirixentes do club celeste e non chegou a un acordo para a cesión dos terreos que son da súa propiedade.

Lembremos que o Celta ten previsto construír en Mos unha Cidade Deportiva con dez campos de adestramento, un estadio e un pavillón, aos que se uniría unha gran zona comercial, a mais extensa da área metropolitana. Pois ben, non hai acordo para a cesión de terreos xa que non se achou aínda unha vía satisfactoria para ambas as partes.

Nun comunicado colgado na súa conta de Facebook, a Comunidade de Montes de Tameiga sinala que non pode vender eses terreos e que o Celta non está disposto a arrendalos nin a iniciar os trámites de expropiación. A única solución sería unha permuta, pero a comunidade non acepta as condicións do Celta.

A Comunidade de Montes tamén asegura que nestas primeiras conversacións co Celta só houbo "declaración de intencións" e que será a Asemblea Xeral da entidade a que decida o futuro do monte comunal.

A continuación reproducimos o escrito completo da Comunidade de Montes:

"Ante a información aparecida nos medios de comunicación, durante o pasado mes de decembro, e ante as declaracións de persoas relevantes no mundo da política, deportes e comunicacións sobre a futura Cidade Deportiva do Celta de Vigo e Área Comercial, que se construiría nos terreos propiedade das Comunidades de Montes de Pereiras e de Tameiga, esta Xunta Directiva diríxese a vostede para comunicarlle de primeira man, a información da que dispoñemos. 

Despois do verán recibimos unha chamada do noso avogado, na que nos transmitiu a intención do Celta de Vigo de manter unha xuntanza coa Comunidade, a fin de explicar un proxecto que teñen pensado levar a cabo, e no cal precisaban mercarlle terreos a Comunidade de Montes de Tameiga.

Nesa xuntanza a Comunidade aclarou que non se pode vender Monte Comunal. Os representantes do Celta preguntaron entón como poderían facerse con terreos Comunales de xeito legal, ao cal se lles respondeu que cun arrendamento a longo prazo, permutando terreos ou con unha expropiación.

A resposta dos representantes do Celta foi que no proxecto non está contemplada a opción de arrendar, que queren terreos en propiedade. Tamén dixeron que non lles interesa iniciar o proceso da expropiación, co cal soamente queda opción da permuta. Aclaramos que na actualidade a relación de cambio para as permutas é de oito a un. Quedaron co recado e rematou a xuntanza.

Propuxeron unha segunda xuntanza, na que ofertaron permutar metro por metro, e como compensación, arrendar outras seis hectáreas para facer un parque forestal, que sería xestionado pola Comunidade cobrando un arrendamento.

Aparte de transmitirlles que non é interesante para a Comunidade esa proposta, comentamos o tema que no Monte Comunal hai varias captacións de augas.

Quedaron en ver cantos pozos hai e como solucionar o abastecemento de auga a toda a población que se sirve desa auga na actualidade.

¡¡¡ ATE HOXE !!!.

Estas foron as únicas conversas cos representantes do Celta de Vigo, nas cales soamente houbo declaracións de intencións e breve explicación do proxecto que queren levar a cabo.
Esta Xunta Rectora decidiu non convocar á Asemblea Xeral de Comuneiros, ate non ter unha copia do proxecto e unha oferta seria e firme.

Tamén queremos transmitirlles a nosa firme vontade de defender os intereses da Comunidade, e que tódalas decisións que se teñan que tomar será a Asemblea Xeral quen decida o futuro do noso monte".

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

música

  • Colas en Balaídos para abonarse al Celta
    Colas en Balaídos para abonarse al Celta Balaídos ha vuelto a ofrecer este lunes una estampa que parecía olvidada y que el Celta se proponía erradicar. Las taquillas del estadio han registrado importantes colas desde primera hora para tramitar los abonos de cara a la próxima temporada.…
    Leer más...

historia de vigo

verán

  • Últimas noticias

  • Más leído