24102017Mar
Última edición: Lun, 23 Oct 2017 8pm

Modifican o proxecto de Río para blindar a cuberta en casos como a suspensión do Celta-Real Madrid

A obra sufrirá cambios técnicos para asegurar a cuberta na parte onde ataca o vento do sur en Balaídos, que levantou o teito de Balaídos en febreiro

10 Agosto 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Bombeiros traballando na cuberta de Río, o pasado mes de febreiro. Bombeiros traballando na cuberta de Río, o pasado mes de febreiro.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves da aprobación na Xunta de Goberno Local da autorización do expediente de modificación do proxecto de obras de reforma da grada de Río do Estadio Municipal de Balaídos.

Os cambios técnicos suporán o reforzo da cuberta na parte de ataque do vento "onde azouta dunha forma extraordinaria" e que o pasado mes de febreiro provocou que se levantase o teito desa bancada e se tivese que suspender o Celta-Real Madrid de Liga.

Ademais, a modificación aprobada inclúe a substitución das redes de saneamento xeral e de abastecemento de auga existentes na grada, a unificación das canalizacións para redes de electricidade e telecomunicacións, a mellora do peche inferior da fachada para facelo homoxéneo coa grada de Tribuna, o reforzo da seguridade na protección contra incendios e raios na propia grada de Río e tamén nas contiguas de Marcador e Gol.

Malia todos estes cambios, o rexedor olívico asegurou que os prazos non sufrirán variacións. A obra en marcha, por valor de 5,5 millóns de euros, está financiada na súa totalidade polo Concello e a Deputación, polo que o alcalde demandou novamente financiamento da Xunta de Galicia que lle ten dedicado "cero euros" á renovación de Balaídos.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

incendios forestales

entrevista: greenpeace

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído