Os veciños afectados pola posible expropiación de terreos lembran que esta demanda está apoiada por todos os grupos políticos da oposición e que o traballo de autoxestión que levan a acabo os comuneiros “para subministrar este ben de primeira necesidade, que co seu esforzo coidan das captacións de auga e dos montes nos que se atopan estas captacións, sería en balde sen a conservación dos nosos montes”. “Sen monte non hai auga, sen monte non hai vida”, engaden.
Por iso, ante a “insistencia” do Goberno local veñen de facer un chamamento á cidadanía para participar nese acto de protesta. Segundo consideran, os plan de Carlos Mouriño “sería unha lousa de formigón sobre os montes de Tameiga, afectaría moi negativamente á cantidade e calidade da auga recollida nas captacións, á calidade de vida de toda a veciñanza, ao caos circulatorio polas deficientes estradas da parroquia, á saturación dos precarios servizos de saneamento e un longo etcétera, poñendo así en perigo a subministración de auga ás miles de familias que conformamos as comunidades damnificadas”.
Segundo informa a Comunidade de Montes de Tameiga, a concentración desenvolverase baixo o lema “Non á modificación do PXOM para expropiar o monte e a auga”.