A actividade vai dirixida ós nenos de entre 6 e 14 anos e as inscricións realizáranse a través da web da Fundación Celta. Tras o éxito de participación na edición de Nadal, con máis de 500 nenos e nenas inscritos, a entidade celeste ofrece de novo a oportunidade aos máis novos de gozar de varias xornadas de adestramento e diversión repartidas en diversas sedes.
O obxectivo destas actividades é desenvolver e mellorar as capacidades específicas do fútbol (técnicas, tácticas, condicionais, coordinativas) así como potenciar habilidades individuais, colectivas e fomentar o traballo en equipo. Todo iso desde un punto de vista lúdico, primando o entretemento e a diversión que conforman, xunto á formación en valores, os elementos fundamentais da filosofía que defende e promove a Fundación Celta de Vigo en todas as súas actividades.
O horario é sempre de 10:00 a 14:00 horas e as datas son os seguintes: Vigo (21 ou 22 de marzo), Cambados (21), Chapela (22) e Dodro (23).