20102019Dom
Última edición: Dom, 20 Oct 2019 10am

Balonmán

A Federación Galega xa ten directiva para o terceiro mandato de Pérez Ouro

O presidente, que foi reelixido en decembro, decidiu crear a figura de delegado en Lugo, ata agora inexistente

27 Enero 2015 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Xosé Luis Pérez Ouro, con a súa directiva, á porta da sede da Federación. / Foto: FGBm Xosé Luis Pérez Ouro, con a súa directiva, á porta da sede da Federación. / Foto: FGBm

A Federación Galega de Balonmán xa ten nova xunta directiva. O pasado sábado quedou constituída nunha reunión celebrada na sede da Federación en Vigo. Este será o terceiro mandato de Xosé Luís Pérez Ouro ao fronte da Federación Galega de Balonmán, tralas últimas eleccións celebradas no mes de decembro de 2014.

Nesta directiva hai importantes novidades, con directivos responsables de diferentes áreas: Área técnica, económica e comunicacións e novas tecnoloxías. Ademais a FGBm contará cun delegado en Lugo, Manuel Santos, co obxectivo de reactivar o balonmán nesta provincia, unha das prioridades para este mandato.

A xunta directiva para os próximos catro anos é a seguinte:
Presidente: José Luis Pérez Ouro.
Tesoureiro: Marcos Sobrino Ubeira.
Presidente Comité Árbitros: Pablo Permuy Villanueva.
Vicepresidente e delegado provincial A Coruña: Bruno López Molina.
Vicepresidente e delegado provincial Lugo: Manuel Santos Dobaño.
Vicepresidente e delegado provincial Ourense: José Manuel Pérez Otero.
Vicepresidente e delegado provincial Pontevedra: Fco. Javier Álvarez Fernández.
Responsable Área Competicións: Ricardo Agulló Leal.
Responsable Área Técnica: Fernando Mosquera Pérez.
Adxunto a presidencia: Ramón Collazo Pazos.
Responsable Área Comunicacións: Nicolás Varela García.
Responsable Área Económica: Sergio Pérez Fernández.
Vogal delegación Coruña : José Luis García Cortés.
Vogal delegación Ourense : Lisardo Pérez Fernández.
Vogal delegación Coruña : Ignacio Permuy Varela.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído