30032017Jue
Última edición: Mié, 29 Mar 2017 10pm

Selección galega

Galicia sorprende a Xapón no Rosal

A selección galega remontou para superar aos asiáticos nos últimos minutos (28-26)

08 Enero 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
Formación de Galicia fronte a Xapón. / Foto: FGBalonmán Formación de Galicia fronte a Xapón. / Foto: FGBalonmán

Galicia volveu a sorprender a Xapón. Este domingo, no partido amigable disputado no Rosal, a selección galega foi de menos a máis para lograr a vitoria nuns espectaculares minutos finais (28-26). O sábado, lembremos, os galegos xa lograran rabuñar un empate ante os asiático en Bueu (29-29).

O conxunto nipón, dirixido por Carlos Ortega, saíu decidido a evitar sorpresas e dende o primeiro minuto parecía moito máis concentrado que o sábado. Enfronte Galicia, tamén seria no traballo defensivo. Así foron pasando os minutos con intercambio de goles (3-3, min. 10). A partir de aí apareceu o xogo combinativo de Xapón e a selección mundialista logrou escaparse cunha curta renda no marcador (4-6, min. 15), que foi medrando a medida que avanzaban os minutos. A Galicia se lle facía complicado marcar, mentres que o conxunto nipón estaba máis cómodo que onte na cancha.

A falta de tres minutos para o final da primeira metade, Xapón gañaba de cinco, pero Galicia logrou recortar distancias e chegaron ao descanso dous tantos abaixo (11-13).

A segunda parte foi moi similar á do sábado, con distancias curtas no marcador e intercambio de goles, iso si, con Galicia por baixo no marcador. Xapón non era quen de marcharse de máis de tres goles e Galicia parecía incapaz de empatar o partido a pesares de ter varios balóns para facelo. Algúns erros polos extremos impediron que o empate chegase antes, pero chegou. No minuto 25 da segunda metade, Galicia logrou alcanzar a Xapón (24-24). O seleccionador galego, Víctor García Pillo, pide tempo morto e nos últimos cinco minutos Galicia concretou o triunfo cunha estratexia perfecta. Suso Soliño puxo por diante a Galicia (24-25, min. 25:30) e os galegos xa non se baixaron da vitoria ata o 28-26 final.


Galicia, 28: Javi Díaz, Pablo Vidal, (2), Serafín Pousada, Dani Cerqueira (4), David García, Eloy Krook (2), Paulo Dacosta, Germán Hermida (2), Kevin García, Rubén Soliño (1), Suso Soliño (9), Víctor Rodríguez (4), Roberto Sánchez (3), e Pablo Castro (1).
Xapón, 26: Toru Takeda (1), Kairi Kochi (4), Takashi Kato (1), Jin Watanabe (4), Jun Mori, Daichi Komuro, Masatake Kimura, Kento Vegaki (2), Shinnosuke Tukuda (3), Goki Koshio (1), Kiriki Shida (4), Kiriki Motoki (2), Hiroyasu Tamakawa (2), Yuto Agarie (1), Kohei Narita (1), Atsuchi Mekaru, Remi Anri Doi, Takayuki Shimuzu.
Árbitros: Alberto Rodríguez e Sergio Rodríguez (Galicia). Excluíron dous minutos a Pablo Vidal por Galicia; e a Takashi Kato, Jun Mori, Goki Koshio e Remi Anri Doi por Xapón.
Parciais: 1-0; 3-3, 4-6, 6-8, 7-10, 11-13 (descanso), 16-17, 16-19, 19-20, 21-23, 24-24, 28-26 (final).
Incidencias: Partido amigable entre a selección galega absoluta e a selección nacional de Xapón. Pavillón Municipal do Rosal. Asistiron ao partido a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, e o alcalde do Rosal, Jesús Fernández. Cheo na grada.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

investigación

una imagen de vigo

  • Ceñida frente a Cangas
    Ceñida frente a Cangas Los deportes náuticos de todo tipo son propicios en la ría de Vigo, un brazo de mar protegido de tempestades y corrientes marinas traicioneras que ya era conocido por los antiguos navegantes.
    Leer más...

tráfico

  • Últimas noticias

  • Más leído